Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - DIOGO RECIBE OUTRA MEDIA TONELADA DE TAPIÑAS E ENVASES PLÁSTICOS

Pouco a pouco vaise conseguindo o novo reto de 36 toneladas para a man mioeléctrica

Fecha: 13 de Octubre de 2011

Fuente: Infomiño.com

O pasado Martes 11 de Outubro de 2011 Diogo Farinhoto e a súa familia recibiron outra media tonelada de envases e tapóns plásticos que o axudarán a conseguir unha man mioeléctrica.

Diogo Farinhoto, da parroquia de Gondar, en Caminha, vai ter a prótese mioléctrica grazas ás 19 toneladas de tampiñas que foron xa recollidas.

Pero a recollida do material reciclable non pode parar posto que esta primeira prótese ten a validez de dous anos e terá despois que ser substituída por outra, para a cal serán necesarias 36 toneladas de tampiñas.

Novamente os veciños de Narón, na Coruña amosaron a súa solidaridade coa campaña de recollida de tapiñas, Jose e a súa nai Mari Carmen, conseguiron reunir dende o pasado mes de Xuño un total de unha tonelada de tapiñas, solidarizándose tamén o resto dos veciños de Narón, contando con máis de 20 lugares de recollida e ata a cesión por parte deste Concello dun espazo para almacenar todas as tapiñas recolectadas.

O pasado 4 de Outubro fixeron entrega de máis de media tonelada, e o 11 de Outubro regresaron novamente para facer a entrega do resto de tapiñas e envases que recolectaron.

Grazas a colaboración desinteresada da Escudería de Rallyes Scratch Fene, que cedeu por segunda vez a súa furgoneta para facer o transporte dende Narón ata Caminha, e dunha moza de Ferrol, que asumíu os custes de carburante e peaxes deste traxecto, no día de onte, foi entregada a media tonelada restante.

Segundo comentan Jose e a súa nai Mari Carmen, todolos días adican 2 horas polas mañás para facer un percorrido recollendo tapiñas polos puntos de recollida que xa teñen fixados en Narón e arredores, contando coa colaboración de hostaleiros, comerciantes e veciños.

Agora comezan dende cero unha vez máis, comentan, recollendo os envases e tapiñas necesarios para que Diogo consiga unha man mioeléctrica, mediante unha empresa de reciclaxe e transformación de plásticos, que asumirá o custe da mesma a cambio das 36 toneladas de envases que se consigan.

Animamos a todos a que sigan recollendo envases e tapiñas plásticas e depositandoas nos seguintes lugares habilitados:

A GUARDA
- Oficina Infomiño, en Calle Vicente Sobrino, 24
- Punto Limpio (Al lado de la Piscina Municipal)
- Ferry Boat (En A Pasaxe)
 
O ROSAL
- Oficina Asnela - Gestiones y Servicios, en Calle Ramón Franco, 2

- Punto Limpio (As Aceñas)

FOTOGRAFÍAS

 

 

PANORÁMICA

Puede ser que necesite instalar algún plugin adicional para visualizar correctamente este contenido...

 

 

 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones