Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - ENTREVISTA ASOCIACIÓN NATURALISTA DO BAIXO MIÑO(ANABAM)

Entrevista realizada a Agustín Ferreira, Presidente de Anabam

Fecha: 12 de Octubre de 2010

Fuente: Infomiño.com

ENTREVISTA ASOCIACIÓN NATURALISTA BAIXO MIÑO
(Agustín Ferreira Lorenzo)
ANABAM

1. ¿Cuándo y con qué fín nace la Asociación Naturalista Baixo Miño(ANABAM)?


Naceu hai 25 anos, tendo as súas orixes na Sección Ecolóxica da Agrupación Cultural Guardesa, sección creada polo fundador de ANABAM. O fin é a protección, conservación, estudo e divulgación do patrimonio natural do Baixo Miño galego-portugués. Ademais da educación ambiental á que damos moita importancia.

2. Desde la creación de la Asociación, ¿Cuáles han sido los principales proyectos llevados a cabo por la Asociación?


Soamente por sinalar algúns, podemos citar os seguintes:
No campo da protección e defensa do ambiente:
-Evitamos a construción dun campo de golf na Illa Boega así como a instalación dunha urbanización na mesma.
-Por tres veces evitamos a construción dun porto deportivo privado no Pasaxe en Camposancos
-Contribuimos decisivamente a evitar a construcción dun campo de golf en Pinzás, nun dos humedais máis interesantes do Baixo Miño.
No terreo da conservación e estudo da fauna:
-Levamos a cabo o primeiro estudo da fauna vertebrada terrestre do Baixo Miño, traballo que durou cinco anos e deu lugar ao Atlas de vertebrados do Baixo Miño.
-Descubrimos varias especies das que non se tiñan noticia da súa existencia nesta comarca, algunhas delas son: animais como os réptiles chamados esgonzo de cinco dedos ou o sapoconcho; a bolboreta denominada Charaxes jasius; aves coma a andoriña dáurica; etc. No que se refire ás plantas podemos citar a Honkenia peploides; Paradisea lusitanica; Woodwardia radicans; etc.

3. ¿Cuántos socios tiene ahora mismo la Asociación ANABAM?


Nestes intres andamos polos 80 socios, a maior parte do Baixo Miño pero algúns de fora da comarca. Non é unha asociación de moitos socios, como se pode ver e isto é normal porque formar parte dunha entidade conservacionista é algo que leva a moita responsabilidade, as actuacións desenvolvidas pola mesma soen ser moi críticas e non gustar a todo o mundo, polo que os integrantes deste tipo de asociacións deben pensalo ben antes de querer ser membros das mesmas e non guiarse por un momento puntual,como aconteceu no Prestige, ou cando saen noticias impactantes ou os medios de comunicación se volcan nun determinado caso. Ante todo hai que ser consecuentes e responsables e ter "as costas anchas", como se soe dicir, para aguantar os chaparrós, a maior parte dos cales proceden de persoas que non fixeron ou non fan nada pola protección do entorno natural.

4. ¿Qué nuevos proyectos tiene en mente la Asociación ANABAM para el futuro próximo?


Non temos un programa predefinido, os proxectos van xurdindo a medida que as necesidades ou os nosos estudos así o suxiren. Nestes momentos continuamos desenvolvendo os traballos iniciados con anterioridade e estamos tomando datos doutros que, no futuro, poidan precisar da nosa participación.

5. Explícanos brevemente en qué consiste el Proyecto "Un Bosque para unha Bolboreta", que se está desarrollando actualmente en el Monte Sta. Tecla. ¿Cómo surgió ésta idea? ¿Cómo funciona actualmente?

Características del proyecto.
O Bosque comezou co descubrimento no Niño do Corvo da Bolboreta Charaxes jasius, unha das máis fermosas que podemos atopar en Galicia. Foi atopada por un colaborador noso, entomólogo vigués Javier Blanco. Este colaborador, vendo o éxito que acadamos con outro dos noso proxectos, o da ave píllara papuda na praia de Camposancos (por certo, proxecto pioneiro que logo puxeron en práctica nun Parque natural de Cataluña, ou aquí en Galicia ADEGA, e en Portugal en praias de Viana do castelo), suxeriunos a idea de poñer en marcha unha acción para ampliar no Baixo Miño a área de distribución desta bolboreta. O proxecto comezou a andar un ano despois, no 2007 e hoxe, tres anos despois, xa podemos dicir que está practicamente consolidado pois puidemos observar as primeiras postas nos érbedos que plantamos. Os érbedos son a única planta da que se alimentan as eirugas desta bolboreta.

CJHARAXES JASIUS

6. ¿Con qué apoyo o fuentes de financiación cuenta la Asociación ANABAM para desarrollar sus actividades?


Fundamentalmente partimos das axudas dos socios. Tamén cando saen subvencións acudimos a elas, ó igual que o fae calquer outro grupo, pero para iso temos que presentar proxectos, estudos, publicacións, etc., xa que as subvencións van destiñadas a traballos concretos, pois ningún organismo da nada por nada. Tamén temos donativos de persoas que desexan botar unha man economicamente a asociación e logo temos outras fontes que nos reportan algúns cartos como a venda de material; etc. Pero a maior parte das actividades se fan sen dedicar cartos ás mesmas, so porque un grupo de persoas decidimos levalas a cabo e poñemos o noso esforzo, o tempo libre e os nosos coñecementos para tratar de conseguir o que pretendemos.


7. ¿Qué deben hacer las personas interesadas en formar parte de ANABAM? ¿Cómo hacerse socios? ¿Precio de la cuota?


Ben, para facerse membros de ANABAM, ante todo me remito á pregunta 3 de arriba, estar concienciado e pensar que por riba dos nosos intereses están os da natureza. Non entender de cores políticos. Houbo xente que quería ser membro de ANABAM simplemente porque tiña certos intereses, cando viu a realidade de como actuamos, deu marcha atrás. Non desexamos ter socios por telos, senón porque están concienciados ou porque queren aportar seu graniño de area, ben en forma de colaboradores activos ou ben para axudar economicamente, pero teñen que saber que non defendemos intereses privados nin partidistas.
Para facerse socios simplemente teñen que solicitalo, non están obrigados máis que a pagar a cota e, por suposto, non realizar accións que vaian en contra dos obxectivos que persigue esta asociación, por exemplo, non ten sentido que un cazador ou un furtivo que coloca trampas pida ser membro de ANABAM.
Temos dous tipos fundamentais de cota: Os socios activos (aqueles que habitualmente traballan nas actividades e saídas ao campo) pagan 15 euros ao ano e os socios colaboradores que pagan 40 euros ao ano. Logo está a cota familiar, onde o primeiro socio paga 40 euros e os demais membros da familia pagan 5 euros. Os socios reciben as publicacións editadas por ANABAM e teñen algunhas outras ventaxas.
Finalmente sinalar que os que queiran coñecer máis polo miudo a ANABAM, teñen información dabondo na nosa páxina web (www.anabam.org) onde contamos todo o que facemos e máis.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones