Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - ENTREVISTA Ó ALCALDE DE A GUARDA - PREMIO EDEN 2010

Entrevista realizada a José Manuel Freitas, Alcalde de A Guarda

Fecha: 20 de Octubre de 2010

Fuente: Infomiño.com

ENTREVISTA PREMIO EDEN 2010
JOSÉ MANUEL DOMÍNGUEZ FREITAS

(ALCALDE DE A GUARDA)

ALCALDE PREMIO EDEN A GUARDA 2010


1. ¿CÓMO E CANDO XURDE O PROXECTO "A GUARDA - HORIZONTE NATURAL?

O lema "A Guarda, horizonte natural" nace no 2008 como froito do traballo encargado pola Concellería de Turismo a una empresa para elaborar un Plan Director de Turismo. Polo que ten relación co premio EDEN, aproveitamos o lema e fixemos un proxecto, no primeiro trimestre do ano, que foi o que mereceu o galardón de Destino Turístico de Excelencia.

2. COMO BEN DIXETES EN BRUSELAS "SER DESTINO TURÍSTICO DE EXCELENCIA NON É UNHA META, SENON UN CAMIÑO"¿CALES SERÁN OS PRIMEIROS PASOS DE ESE CAMINO TURÍSTICO QUE COMEZA EN A GUARDA?

O primeiro paso dese camino, e moi importante, deuse o día 28 coa adhesión de A Guarda e dos restantes premiados á Rede EDEN. A unión de tódolos destinos danos moita máis forza e máis presenza. Outro paso importante que haberá que dar será o de involucrar a tódalas administración no desenvolvemento turístico sostible deste concello. É imprescindible tamén que a iniciativa privada aposte decididamente no sector turístico.

3. ¿CALES SERÁN AS PRIMEIRAS ACTUACIÓNS EN MATERIA DE INFRAESTRUCTURAS QUE SE LEVARÁN A CABO PRÓXIMAMENTE E CALES ESTÁN XA REALIZADAS?

O principal argumento que nos fixo merecedores do premio foi o esteiro do Miño e a súa riqueza medioambiental. Non podemos perder isto de vista. Todo o que fagamos ten que preservar o medio ambiente. Dito iso, para A Guarda é imprescindible mellorar o acceso por estrada dende Tui. Entre o x afeito, eu destacaría a senda litoral entre o porto e a Praia do Muíño, que ten para o turismo un valor engadido innegable; tamén a ruta das cetáreas que impulsa a Cofradía ou os sendeiros do Trega.
 

4. ¿CONTARÁ O BARRIO DA PASAXE EN CAMPOSANCOS CUN ESPAZO NÁUTICO PARA EMBARCACIÓNS DE RECREO?

Cada ano o premio EDEN ten un motivo. Este ano era o turismo acuático. O potencial que temos entre O Pasaxe e A Insua para a práctica de deportes acuáticos non podemos desaproveitalo. As pequeñas embarcacións de vela, o windsurf, o kitesurf, etc teñan aquí un magnifico campo. E ten que haber ese espazo náutco para acoller as embarcacións. No Plan de Portos Deportivos da anterior Xunta había un pequeño porto no Pasaxa. Confiemos en que se manteña e se execute canto antes.


5. ¿INFLUIRÁ O NOMEAMENTO DO PREMIO EDEN 2010 EN A GUARDA NOS SECTORES ECONÓMICOS PREDOMINANTES NO CONCELLO DE A GUARDA?

Que A Guarda sexa premio EDEN 2010 ten que influir na economía guardesa. En principio, e pola repercusión que tivo nos medios, somos máis coñecidos que antes. A hostelería, o comercio, mesmo actividades que Terán que desenrolarse teñen que beneficiarse deste nomeamento. A título anecdótico, un apunte: algunas persoas xa reservaron habitación para o ano vindeiro polo temor de que veña moita xente como consecuencia da repercusión do premio.

6. ¿QUÉ ACTIVIDADES SE TEÑEN PREVISTAS PRÓXIMAMENTE VENCELLADAS Ó TURISMO NÁUTICO?

Penso que é de xustiza citar, en principio, o Clube de Remo Robaleira. As súas son actividades náuticas feitas con indudable éxito. Este ano ademáis empezouse a organizar en A Guarda una regata de Traiñeiras, das grandes. O Concello participa activamente. No pasaxe, o Club Alagua ten una escola deportiva de vela e organiza tamén eventos deportivos nos que o Concello tamén colabora. Incluso a Festa das Tradicións Mariñeiras, que mellora ano a ano, potencia o sector turístico. Estou seguro que no futuro próximo aparecerán novas ideas no sector público e no sector privado.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones