Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - EXPOSICIÓN CONEXIÓNS NA SALA DE EXPOSICIÓNS DO CONCELLO DE TUI

A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle ata o 29 de Outubro a exposición que baixo o título de -Conexións- presenta unha selección de obras de -escultopintura- de Xosé Rivada e de pinturas de Mercedes Groba.

Fecha: 10 de Octubre de 2011

Fuente: Infomiño.com

A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle ata o 29 de Outubro a exposición que baixo o título de “Conexións” presenta unha selección de obras de “escultopintura” de Xosé Rivada e de pinturas de Mercedes Groba.

Xosé Rivada (Verín, 1956) posue unha alongada trayectoria artística e está vencellado ao municipio tudense onde residiu ao longo de moitos anos. Na actualidade vive en Salceda de Caselas. Dende neno coñece Rivada o tratamento do metal e da oxidación do ferro e comeza a traballar o seu interese polo debuxo a través de óleos e acuarelas. En 1969 traládase a Madrid para completar a súa formación que completa noutras cidades como Bilbao, Barcelona, Zaragoza, etc cegando tamén ata México onde aprende o oficio do esmalte, aínda que realiza un proceso inverso ao tradicional.

Regresa a Galicia en 1985 e abre a súa etapa da “escultopintura”, na que atopamos referencias ao informalismo e a autores como Picasso, Millares, Rivera, grupo El Paso, etc. Posúe unha dilatada traxectoria de exposicións, esculturas públicas e premios que conforma unha das obras máis singulares do panorama da arte galega contemporánea.

Xosé Rivada é un artista sempre innovador,incansable que continúa investigando a forma e a materia como mesma ilusión de rapaz, pois a súa obra é unha loita e diálogo constante coa materia.

 

MERCEDES GROBA (Vigo). A partíres de 1994, logo de varias exposicións colectivas, realiza a súa primera exposición individual no Museo Diocesano de Tui.Dende aquela van mostras 27 individuais e 50 colectivas.

 Entre outras cabería salientar: Bienal Art Dona (2000), Itinerante de Galicia (2000), Surrealismo Barcelona (2001), FAIM de Madrid (2002-03-04)-Casa de Galicia (Madrid) (2003), Homenaje a Dalí.Santiago de Compostela (2004), Pintoras Gallegas y Latinoamericanas (2004), Art Mart New Century Gallery New York (2004), Itinerante por Dinamarca (2005), etc.

A súa obra está representadas en coleccións públicas e privadas de España, Portugal, Reino Unido e Estados Unidos de América.

FOTOGRAFÍAS

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones