Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA -MULLERES MAIAS UNIDAS, QUEREMOS ENSINAR, QUEREMOS APRENDER- NO CENTRO CULTURAL DE A GUARDA

Desde o día 21 de Xaneiro até o próximo 3 de Febreiro exposición de fotografía estará no Centro Cultural de A Guarda para achegar á sociedade galega a cultura maia e as súas reivindicacións como pobo indíxena que desde hai moito tempo loita polo recoñece

Fecha: 24 de Enero de 2012

Fuente: Infomiño.com

O próximo sábado 21 será a presentación no Centro Cultural a cargo dunha voluntaria de Arquitectos sen Fronteiras

Desde o día 21 de Xaneiro até o próximo 3 de Febreiro exposición de fotografía estará no Centro Cultural de A Guarda  para achegar á sociedade galega a cultura maia e as súas reivindicacións como pobo indíxena que desde hai moito tempo loita polo recoñecemento dos seus dereitos.

A exposición contén 50 imaxes realizadas por mulleres indíxenas guatemaltecas que mostran desde unha rigorosa perspectiva de xénero, a realidade cotiá a partir da súa propia experiencia. As catorce  protagonistas recibiron un curso de fotografía documental como ferramenta para contar a súa historia e as das súas comunidades: María del Mar, O Triunfo, A Verde e Aztlán. O propósito da mostra é romper con estereotipos e prexuízos que crean unha subxectividade única e estática da muller indíxena.

Este sábado, 21 de xaneiro, a voluntaria da ONG Arquitectos sen Fronteiras e veciña da Guarda, Mirian Vicente Vicente nos presentará non só a exposción senon tamén o proxecto do que forma parte, e nos falará de como transcurreu a vivencia e o traballo con estas mulleres. No acto estará tamén o responsable da ONG Emanuele Lini.

Dita exposición forma parte do proxecto de sensibilización “Coñecendo os pobos, achegando culturas” financiado pola Xunta de Galicia.

Elas son mulleres fortes e viviron máis do que nos imaxinamos. Elas desexan seguir aprendendo porque saben que o coñecemento é a base do crecemento como sociedade sen perder as súas raíces. Foron mulleres receptivas, libres, iluminadas. E a realidade non ensombrece a beleza das imaxes que nos mostran, son tan dignas como elas.
(Adriana Leira, facilitadora do curso).

FOTOGRAFÍAS

 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones