Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS DO CINE ALEMÁN DE ENTREGUERRAS EN TUI

Onte visitamos en Tui a Exposición de Fotografías da UFA

Fecha: 10 de Noviembre de 2010

Fuente: Infomiño.com

A zona anexa da Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle unha exposición fotográfica sobre "Fotografías da UFA. Cine alemán de entreguerras" que estará na cidade ata o 14 de novembro de 2010.

Esta mostra chega á cidade grazas á colaboración establecida entre a Concellería de Cultura tudense e a Fundación Vicente Risco, e conta co patrocinio do Goethe Institut - Instituto Alemán de Cultura.

A exposición amosa o traballo desenvolvido polos artistas, técnicos e creadores alemáns nos míticos estudios de cine de Berlín. Xuntando creatividade con innovacións tecnolóxicas do cine da época os artistas da UFA produciron unha serie de títulos clásicos que marcaron o rumbo da historia do cine en Europa e en Estados Unidos. A exhibición amosa unha escolma de fotografías das rodaxes de películas como "Metropolis", "El angel azul", "Los nibelungos" entre outras, así coma os bosquexos dos grandes directores de arte daquela época.

A UFA é unha gran compañía cinematográfica alemán fundada no ano 1917 con forte apoio gobernamental, tras a derrota de 1918 a compañía privatízase comezando unha aposta polas grandes producións. A UFA salienta polo protagonismo que tivo no cine expresionista xermano de "entreguerras", unha auténtica idade dourada, que tivo como principais expoñentes a Fritz Lang, F.W. Munau e G. W. Pabst.

A mostra recolle 48 fotografías que amais da súa alta calidade, ofrecen unha interesante visión da sétima arte na Alemaña de entreguerras.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones