Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - EXPOSICIÓN -OPERACIÓN MONARCA- NA SALA DE EXPOSICIÓNS DA ÁREA PANORÁMICA DE TUI

Unha mostra que poderá ser visitada ata o vindeiro 20 de Marzo de 2011

Fecha: 10 de Marzo de 2011

Fuente: Infomiño.com

Dende o pasado 1 de marzo, e ata o vindeiro día 20 de marzo, pódese contemplar na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui a mostra titulada “Operación Monarca” organizada polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Amiental de Galicia) en colaboración co Deputación da Coruña e a concellería de cultura do Concello de Tui

Un dos fenómenos mais abraiantes que nos ofrece a natureza galega, é unha visitante de alén do Atlántico: a bolboreta Monarca, que voa miles de quilómetros coas súas fráxiles ás, cruza o mar e nos visita cada outono cun sixilo que non fai honra a semellante fazaña. A chegada a Galicia desta bolboreta, espertou unha interesante iniciativa por parte do seu descubridor, o lepidopterólogo galego Eliseo H. Fernández Vidal, para poder obter máis datos sobre o arribo desta especie ás nosas costas: a Operación Monarca

Este proxecto, amosado a través desta pequena exposición, ten como obxectivo que cada vez máis persoas coñezan esta bolboreta e poidan informar das súas observacións, co fin de ter un coñecemento máis profundo da súa presenza en Galicia. Amais, pretende que as persoas alleas á lepidopteroloxía se interesen polo coñecemento deste marabilloso mundo e a súa conservación.

Esta mostra  está conformada por paneis explicativos, con ilustracións diversas a través das que podemos identificar esta especie de bolboreta, a súa bioloxía, as súas migracións, etc.

Para o concelleiro de cultura do Concello de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, esta mostra de divulgación ambiental enmarcase dentro da programación de actividades da Sala Municipal de Exposicións de ofrecer ao longo do anos unha diversidade de mostras que responden aos intereses dos diversos sectores sociais da nosa localidade e que contribúan á promoción cultural e social nos nosos veciños.

O CEIDA e a Deputación da Coruña produciron esta exposición.

FOTOGRAFÍAS
 
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones