Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

ESPECIAL - EXPOSICIÓN -PLUMILLAS DE S. ARGÜELLES E CERÁMICAS DE J. TRIGO E EMILIA ROSENDE- EN TUI

A exposición podese visitar ata o vindeiro Sábado día 26 de Maio de 2012 na Área Panorámica de Tui

Fecha: 04 de Mayo de 2012

Fuente: Infomiño.com

A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle dende o pasado Venres día 27 de Abril unha exposición que combina as "Plumillas" de Severino Argüelles e as cerámicas de José Vázquez Trigo e Emilia Rosende.

Sugundo a concelleira de Cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez, con esta exposición  Sala Municipal amplía a súa dinámica cunha exposición de promoción da arte, como son as plumiñas de S. Argüelles e as cerámicas artesanais dos tudenses José Vázquez Trigo e Emilia Rosende, enriquecendo a oferta cultural da nosa cidade.

Severino Argüelles del Gallego ofrécenos unha escolma da súa producción de plumiñas centradas especialmente nas paisaxes con numerosas referencias á cidade de Tui. "Los trabajos de plumilla (blanco-negro) no trasladan al observador los efectos cálidos de la acuarela o el pastel, ni tampoco las sensaciones de realismo del óleo pero en ocasiones nos presentan unas imágenes casi fotográficas en paisajes urbanos reforzando los efectos luz -sombra. En la obra de Argüelles esto se acentúa más con la utilización de aguadas buscando distintas tonalidades de grises y negros al objeto de encontrar contrastes cromáticos en ausencia de color."

José Vázquez Trigo e Emilia Rosende son un matrimonio tudense que leva moitos anos traballando no mundo da cerámica e que agora nos ofrecen unha selección das súas obras de modelado. Emilia Rosende é unha persoa amplamente coñecida na nosa cidade polos seus traballos poéticos e pola súa actividade asociativa, centrada especialmente, na "Asociación de Amigos da Poesía do Baixo Miño", e que con esta exposición nos amosa unha nova faceta da súa personalidade.

A exposición pódese visitar ata o vindeiro Sábado día 26 de Maio de 2012 na Área Panorámica de Tui

FOTOGRAFÍAS

 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí