Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - EXPOSICIÓN -UN MAR DE MULLERES- GAC RÍA DE VIGO-A GUARDA A GUARDA, DO 31 DE XANEIRO AO 18 DE FEBREIRO DE 2011

Desde o 31 de xaneiro ata o 18 de febreiro do 2011 poderase visitar a exposición fotográfica dos traballos realizados no mar polas mulleres da zona GAC Ría de Vigo - A Guarda, na sede da Confraría de Pescadores

Fecha: 03 de Febrero de 2011

Fuente: Infomiño.com / www.cofradiagua

Texto: Cofradía Sta Tecla de A Guarda

Fotos: Infomiño.com

 

Desde o 31 de xaneiro ata o 18 de febreiro do 2011 poderase visitar a exposición fotográfica dos traballos realizados no mar polas mulleres da zona GAC Ría de Vigo - A Guarda, na sede da Confraría de Pescadores "Santa Tegra" da Guarda.

 

Ademais, o venres 18 de febreiro de 2011, terá lugar as 19:30 horas a celebración da Xornada "Un Mar de Mulleres" organizada polo Grupo de Acción Costeira Ría de Vigo -A Guarda (GAC 7), no salón de actos da Confraría de Pescadores da Guarda.

 

Esta idea xurdiu na Mesa da Muller do GAC 7, coa intención de fomentar a igualdade de oportunidades entre as mulleres e homes.

 

Durante o verán entrevistouse a un grupo de mulleres que traballan en diferentes organizacións profesionais do sector pesqueiro, desde Cangas ata A Guarda. Coa información recompilada realizouse un documental, unha publicación e unha exposición fotográfica.

 

Nesta xornada presentarase o traballo que levan realizando mulleres da nosa zona (mariscadoras a pé e a flote, redeiras, bateeiras, lonxeiras, etc.), e animarase as persoas asistentes a solicitar axudas ante o GAC 7.

 

O acto comezará co saúdo do Patrón Maior da Confraría, Francisco Pérez.

A continuación, a Xerente do GAC 7 , Dona Elena Herbello Puentes, explicará á orde de axudas e o Plan Estratéxico Zonal.

A Xerente de Espadeiros Guardeses (membro da Xunta Directiva do GAC 7), Dona Concepción Ortega, explicará como xurdiu a idea deste traballo.

Despois Dona Carmen Barbosa (Presidenta da Asociación de Redeiras Baixo Miño - Atalaia) comentará o traballo de campo realizado.

Por último proxectarase o documental "Un mar de mulleres".

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones