Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - FEIRA DE SAN GREGORIO 2012 NO ROSAL

Celebrouse a pasada fin de semana en Pías - O Rosal

Fecha: 12 de Marzo de 2012

Fuente: Infomiño.com / Belén Domínguez

Un ano mais, a Feira de San Gregorio, volveu encher a esplanada da Estrada, no barrio de Pias, en O Rosal. Centos de visitantes poideron disfrutar do sol e das boas temperaturas que acompañaron á celebración desta feira xa centenaria.

Ás 5 da tarde do sábado día 10 comezaban as actividades programadas para o fin de semana cun espectáculo de cetrería. Un centenar de persoas disfrutaron das aves; falcóns, unha lechuza e un buho real, entre outros, fixeron as ledicias dos alí presentes, e en particular dos nenos, que ademais de ser partícipes no espectáculo, algún deles gracias á atención mostrada durante o acto conseguiu levar para casa unha pluma destas preciadas aves, ó contestar correctamente ás preguntas propostas polo cetreiro.

Xa ás 6 da tarde dábase paso á actuación do "Mago Paco", quen ofreceu ós nenos e ós non tan nenos un espectáculo de maxia e animación infantil: "Ledicias ,a Illa dos nenos". O recinto estaba cheo de espectadores que quedaron prendados desta actuación, e da sorpresa que chegou do ceo como por arte de maxia cando o Mago Paco dixo "¡que caian caramelos!"; dous ultralixeiros sobrevoaron o lugar deixando cair doces que serviron para abrir o apetito de pequenos e maiores.

Xa có solpor, a xente acercouse á cantina para degustalos caldos da comarca así como das tapas ós prezos económicos que tanto gustan ós visitantes desta feira, e que conseguen que mais dun merende e cene ó son dos músicos que tódolos anos alegran a noite ós alí presentes con cancións que non deixan a naide aburrirse. Nesta edición foros "Os da Orde" os encargados de facélo.

Amenizou a mañá do domingo día 11 o grupo "A Boalleira". Ás 12 daba comezo a misa solemne con Sermón e Procesión acompañada polo citado grupo de gaitas. A xente acomodouse unha vez mais na cantina que tivo traballo arreo para servires a tódolos visitantes que por alí pasaron dende pola mañá ata a noite.

Ás 6 da tarde actuaba o grupo de pandereteiras da escola de danza e gaitas de Tomiño "Virxe do Alivio", quenes deixaron paso a Tino Baz xa ás 7 e media da tarde. Foi o cantautor guardés quen deu peche a esta edición da Feira de San Gregorio.

Durante os dous días de celebración, os visitantes puideron ver e mercar na multitude de postos de artesanía diferentes obxetos (dende bisutería ata artigos de labranza), así como visitálas exposicións organizadas pola Comisión, que este ano trouxo á pintora Libia Domínguez, quen expuxo varias das suas creacións pictóricas. Ademais, Marcial Lorenzo expuxo unha serie de fotografías e material sobre reptís e anfibios do Baixo Miño. Así mesmo, coma tódolos anos a xente poido visitálas exposicións de encaixe de palillos e a de antigüidades.

Esta era a XV edición da Rosca de Roxóns, da que unha vez mais miráronse multitude de caixas sair hacia ás casas para servires de postre para esta data especialmente señalada polos veciños deste barrio rosaleiro.

 

FOTOGRAFÍAS

 

 

VIDEOS

 

 

 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones