Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - GALA DO DEPORTE TUI 2012

Celebrouse o pasado Sábado día 24 de Novembro de 2012

Fecha: 26 de Noviembre de 2012

Fuente: Infomiño.com

Texto: Belén Domínguez Carrera

Fotos: Belén Domínguez Carrera/Jorge Alonso Daldea

O pasado sábado 24 de novembro de 2012, no Teatro Municipal de Tui, dábase cita ós deportistas tudenses para celebrar a sua "Gala do deporte tudense 2012", á que asistiron numerosas personalidades entre as que se atopaban o Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o Diputado provincial, Pablo Baquero, o Presidente da Federación Galega do deporte, Isidoro Hornillo, o ex-alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, o Concelleiro de deportes, Nicolás Montes, o Vareador de Desportos de Valença, José Monte, entre outros.

A gala comezou cá actuación do Ballet de Paula Cobián, cunha interpretación adicada á celebración que esa noite se facía. O acto, presentado por José Font, director da Radio Municipal de Tui, foi amenizado por varios vídeos, no que destacou o primeiro deles, resumo do traballo realizado no deporte no Concello de Tui. Nicolás Montes, agradecía a tódolos clubes e depostistas da cidade o seu traballo, e facía fincapé na importancia da colaboración e entendemento que lle quixo outorgar dende a sua chegada á concellería ó trato cós deportistas e entidades deportivas de Tui. Destacou a necesidade de coidar as instalacións da cidade, así como o obxectivo de amplialas na medida do posible, para o cal hai un punto clave que son as sinerxias ca cidade de Valença e có seu Vareador de Desportos, José Montes e o seu equipo; desta relación destacou a realización de certas probas coma a "Fiesta del Miño" ou a Travesía a nado. Aínda que lembrou que non é tempo de grandes inversións, salientou cómo miles de persoas pasan polas instalacións deportivas cada ano.

Outro dos vídeos que amenizou a gala foi o adicado ós olímpicos de Tui: Enrique Míguez, José Ignacio Bugarín, Jacobo Moroño, Pedro Areal Abreu, Jesús González e Jennifer Frank Casañas, quenes axudaron na entrega dos 8 premios outorgados como segue:

Mellor fima comercial ou entidade colaboradora: Sociedad Electricista de Tui, S.A.
Mellor clube na promoción do deporte base: Club Balonmán Tui
Mellor deportista promesa masculino: Óscar Carrera Amandi
Mellor deportista promesa feminina: Leticia Fernández Barbosa
Mellor clube deportivo: Club Kayak Tudense
Mellor adestrador: Esteban Alonso Núñez, adestrador do Club Kayak Tudense
Mellor deportista feminina: Nuria Domínguez Asensio
Mellor deportista masculino: Iván Alonso e Frank Casañas

Fíxose ademais a entrega dunha "mención especial" que neste caso foi para Cruz vermella de Valença e Protección Civil de Tui.

Durante o acto o clube Di Som Tui facía unha demostración de técnicas básicas e de combate de Kung Fu que deixaba ó público abraiado. A última intervención foi para o Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, quen salientou a sua satisfación polo tecido asociativo elaborado ó redor do deporte, xa que deportistas, afeccionados, adestradores, pais e nais, colaboradores e clubes, fan gala do seu esforzo e altruismo polo deporte, que atestiguaba a propia celebración da gala. Destaca así mesmo a importancia do deporte para unha vida saludable, polo que o Concello quere seguir no plan "Galicia Saudable", para o que organiza ou colabora en distintas actividades deportivas nas que cuantifica que mais de catro mil veciños participan cada ano. Por último daba o peche á gala o grupo "Metal Faiscas" cá interpretación do coñecido tema "carros de fuego", deixando un auditorio case cheo apraudindo ós fenomenales deportistas da cidade de Tui.

FOTOGRAFÍAS

VIDEOS

 

 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones