Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

ESPECIAL - GALA ENTREGA DOS PREMIOS PROVINCIAIS DO PEQUENO COMERCIO

Onte tivo lugar no Pazo Provincial de Pontevedra a Gala do Comercio

Fecha: 26 de Noviembre de 2010

Fuente: Infomiño.com

Onte asistimos á Gala de entrega dos Premios Provinciais do Pequeno Comercio no Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra.
 
A Deputación de Pontevedra, seguindo coa súa premisa de apoiar o pequeno comercio da nosa provincia e baseando o seu traballo nos compromisos adquiridos cos representantes deste sector que están recollidos no Plan Director de Comercio 2009 – 2012 .
 
  1. Premio provincial a concellos. Destinado a premiar as actuacións municipais de renovación, reforma e mellora das vilas contribuíndo á promoción e dinamización comercial. Recoñecer o desenvolvemento de actuacións municipais que pola súa contribución á mellora do entorno urbano, e en consecuencia do comercio local, poidan servir de modelo e de referentes aos demais municipios da provincia de Pontevedra. 5.000€
  2. Premio provincial a Asociacións, Agrupacións de Comerciantes e Centros Comerciais Abertos. Destinado a galardoar a tarefa desenvolvida polas agrupacións de comerciantes da provincia de Pontevedra en prol do asociacionismo comercial e da profesionalización da figura da xerencia. Quere distinguir a traxectoria da entidade na súa xestión, nas iniciativas e nas actividades que desenvolve pola mellora do pequeno comercio. 2.500€ Este premio contará cun accésit. de 2.000€
  3. Premio provincial á innovación no pequeno comercio. Destinado a galardoar a pequenos comercios da provincia de Pontevedra que incorporen elementos innovadores sexa na súa imaxe, instalacións, servizo, envase, produto ou noutros aspectos que contribúan a realzar o seu valor competitivo, o desenvolvemento comercial e a modernización do seu negocio. 2.500€
  4. Premio provincial ao comercio tradicional. Destinado a galardoar a pequenos comercios da provincia de Pontevedra que contan polo menos con 10 anos de antigüidade que destacan especialmente pola súa profesionalidade, polo bo facer e pola introdución de modificacións significativas, novas tecnoloxías e elementos de modernidade na estrutura e/ou imaxe do comercio para adaptarse aos tempos e ter unha maior capacidade competitiva amosando unha visión comercial de presente e futuro. 2.500€
  5. Premio á muller emprendedora. Destinado a galardoar a pequenos comercios da provincia de Pontevedra dirixidos por mulleres, estimulando a posta en marcha de novos comercios, a conciliación da vida familiar e laboral e o autoemprego feminino. 2.500€
VIDEO DA ENTREGA DE PREMIOS E DAS INTERVENCIÓNS DO DELEGADO TERRITORIAL DA XUNTA DE GALICIA, S. CORES TOURIS E O PRESIDENTE DA DEPUTACION DE PONTEVEDRA, SR. RAFAEL LOUZÁN ABAL:
 
 
GALERÍA FOTOGRÁFICA DO EVENTO:
 
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí