Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - GOIÁN ACOLLEU A I MOSTRA DE BIOMASA FORESTAL DO BAIXO MIÑO

O evento realizouse na fin de semana do 17 e 18 de Novembro de 2012 en Goián-Tomiño

Fecha: 19 de Noviembre de 2012

Fuente: Infomiño.com

A pasada fín de semana o Pavillón de Goián acolleu a I Mostra de Biomasa Forestal do Baixo Miño, organizada polo Concello de Tomiño e a Asociación Forestal de Galicia (AFG).

Durante o transcruso da mañá do Sábado 17 de Novembro tiveron logar as xornadas divulgativas, que foron un éxito de participación, e onde ante un auditorio completo, os expertos en biomasa, foron explicando as vantaxes desta fonte de enerxía limpa, tanto para produtores, coma para instaladores e consumidores finais.


Á inauguración da mostra realizouse sobre ás 13:30h do mediodía no Pavillón de Goián, onde interviron o presidente da Asociación Forestal de Galicia, Francisco Fernández de Ana Magán e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, acompañados polos alcaldes de O Rosal e Salceda de Caselas, e membros da corporación local.


O primeiro salientou a importancia da biomasa coma sector enerxético que pode crear emprego a mediano e longo prazo, e posibilitar un aproveitamento sostible dos montes galegos e unha importante redución de incendios.


A alcaldesa, pola súa banda, lembrou que a feira se enmarca dentro do proxecto de cooperación transfronteiriza "Silvaplus", que pretende a promoción do uso sostible da biomasa forestal para fins enerxéticos, no norte de Portugal e sur de Galicia. "Queremos dar a coñecer un sector que pode xerar riqueza, pondo en valor os nosos montes e permitindo unha explotación dos nosos recursos forestais para a potenciación de novas fontes enerxéticas e sostibles, tanto económica coma ambientalmente", sostivo González.


Información e asesoramento

Unha decena de stands, atendendo durante sábado e domingo as consultas de usuarios potenciais, na súa maioría, interesados en saber o custe dunha instalación particular, as liñas de subvención existentes, etc. Entre eses stands, figuraban os da asociación de empresarios e instaladores "Foncalor", xa mencionada; unha entidade sen fins de lucro, dedicada a por en contacto a instaladores autorizados, fabricantes, produtores e consumidores de sistemas
de enerxía e calefacción, incluída a biomasa. Carlos Romero, presidente da asociación, daba coma dato orientativo para os que pedían información, que o custe de unha caldeira para unha vivenda unifamiliar duns 120 m2, podía oscilar entre os 9000 e os 15.000 euros, dependendo da calidade e prestacións da instalación. Explicaba que aínda que o investimento inicial é maior que noutros sistemas tradicionais, o aforro no consumo de combustible, a través de astillas ou "pallets", supera o 50%.


Entre os expositores, estaba tamén a empresa "Novexcal", do Porriño, dedicada á importación e instalación de caldeiras e estufas de biomasa, con diferentes modelos en exposición; caldeiras semiautomáticas e automáticas, cuxos prezos oscilaban entre 1800 e 6000 euros, respectivamente.


Outros expositores foron a Comunidade de Montes Veciñais de Tomiño, a Mancomunidade de Produtores de Biomasa Forestal do Sur de Galicia (Enerxil); a Asociaciación Forestal de Galicia e unha representación da Asociación de Produtores Forestais do Val do Minho (Portugal), así coma outras empresas do sector forestal e viveiros.


Xornadas técnicas
Abriu o ciclo de conferencias Francisco de Ana Magán, presidente da AFG, coa ponencia "O monte e a biomasa forestal" (10.45 hs). Seguidamente, a partir das 11.15 hs., Diego Fernández Suárez, enxeñeiro de Minas e experto en instalacións de biomasa térmica, falou de "Equipamentos enerxéticos alimentados con biomasa forestal". Logo, José Otero analizou os proxectos existentes para núcleos de poboación e edificacións públicas e privadas, e Alejandro Martínez falou sobre "Arquitectura bioclimática".


Logo dunha pausa, Nicolás Vázquez, Xefe de Área de Enerxías Renovables do INEGA, deu información sobre axudas públicas para equipamentos e caldeiras de biomasa.


De Ana Magán confirmou tralas xornadas, o grande interese de particulares e instaladores por saber máis sobre esta fonte de aforro enerxético. Considerou tamén moi importante a información dada polos expertos sobre os proxectos que se están levando a cabo con apoio da administración.


O grande interese do público asistente quedou patente en cada un dos coloquios celebrados tralas conferencias.


No exterior do pavillón, puido verse traballar a unha máquina astilladora de enorme proporcións.
 

FOTOGRAFÍAS

 

 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones