Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - GOIÁN ACOLLEU A SEXTA EDICIÓN DO MINHO REGGAE SPLASH

Bandas internacionais e nacionais que converteron novamente ao Baixo Miño no referente do reggae nacional.

O festival Minho Reggae Splash celebrou a súa sexta edición no Espazo Fortaleza do concello de Tomiño.

Fecha: 07 de Septiembre de 2015

Fuente: Infomiño.com

Un ano máis, e xa van seis, o Minho Reggae Splash foi o encargado de pechar a tempada de festivais de referencia no Espazo Fortaleza de Goián en Tomiño. Dous días cheos de obradoiros, conferencias, actividades deportivas e artísticas, espectáculos , feira de artesanía e, por suposto, moito reggae. Bandas internacionais e nacionais que converteron novamente ao Baixo Miño no referente do reggae nacional.


O festival Minho Reggae Splash celebrou a súa sexta edición no Espazo Fortaleza do concello de Tomiño. Máis de 60.000 metros cadrados de espazo natural ao carón do río, con praia fluvial, zona de descanso, aparcadoiro e todas as facilidades precisas para pasar unha fin de semana gozando da música e das actividades que propuxo a asociación viguesa, que leva traballando a prol deste estilo musical dende hai seis anos.

Os participantes disfrutaron dos concertos, de todas as actividades e da zona de acampada por 18 euros.

Dende hai seis anos o Festival Minho Reggae Splash converteuse nunha cita ineludible para os amantes do reggae e dos ritmos xamaicanos. Pero tamén para todos aqueles que lles guste descubrir novas músicas, artistas de calidade e, sobre todo, pasar unha fin de semana inesquecible, polo bo ambiente, a cordialidade e a gran variedade da oferta lúdica e de lecer que ofrecen en todas as súas edicións. Esta non foi menos, e o festival cumpriu o seu sexto ano de vida, como un dos festivais de referencia de toda España e do Norte de Portugal.


Actividades para todos os públicos e todas as idades. Unha das características principais do Minho Reggae Splash e a diversidade de público que atrae. Dende os cativos da casa até os máis maiores, aqueles que son uns apaixonados da música como os que queren pasar unha fin de semana diferente. Isto conséguese grazas a variedade e calidade das actividades que se programan, todas elas dirixidas por persoal especializado no ramo e con temáticas innovadoras que non contan cunha difusión maioritaria. 

GOIÁN, CAPITAL DO REGGAE

A Asociación Minho Reggae continúa apostando pola calidade e a innovación á hora de escoller ás bandas que participaron na sexta edición do festival. Músicos chegados de Xamaica, Reino Unido, Brasil e de toda a xeografía española que nos levaron até a esencia do reggae.

A sexta edición do festival Minho Reggae non perdeu o seu espírito orixinario e volveu a ser unha palestra para o reggae que se está a facer en Galicia con dous nomes que comezan a soar forte como é o caso dos ferroláns Rebel Roots e Iyaman Pablo & Irie Reggae Vibes.

Moita música pero tamén espectáculos de rúa con actividades de circo, percusión, obradoiros relacionados coa música, a natureza e o deporte, charlas e encontros cos artistas. O Festival Minho Reggae Splash non só ofreceu concertos senón tamén cultura e diversidade e así se demostrou na súa programación.

Entreter, divertir pero tamén difundir novas culturas, novas tendencias, concienciar e ampliar os nosos horizontes. Para que o público se somerxa na cultura reggae e en todas as correntes que o rodean houbo obradoiros nos que músicos profesionais deron a coñecer os ritmos tradicionais xamaicanos e africanos dos que naceu este estilo.


Malabares, pantomima, acrobacias, trucos e bromas nas que tamén o público pasou a ser parte do espectáculo.

Actuacións cheas de sorpresas e orixinalidade, que encheron o Espazo Fortaleza durante toda a tarde do sábado.

A natureza e o deporte centraron tamén parte das actividades paralelas que se celebraron na praia fluvial de Goián durante a fin de semana. Sendeirismo, actividades acuáticas, voleibol, súmaronse á oferta do festival nas proximidades do recinto. Ademais de coñecer a riqueza paisaxística e natural deste espazo,considerado como zona de Especial Conservación dos Valores Naturais, do río Miño. Para iso nada mellor que o roteiro que se realizou pola recentemente estreada senda á beira do río, que une as praias fluviais de Goián e a de Eiras, no Rosal. Un antigo camiño de pescadores recuperado agora con madeira e area que permite percorrer o traxecto tanto a pé como en bicicleta.

Nesta sexta edición ampliouse a programación paralela con charlas. As conferencias versaron sobre temas tan diversos como as identidades oprimidas, a comida macrobiótica ou a riqueza natural da que se gozou durante a fin de semana.
www.infomiño.com Fotógrafo:

Jorge Alonso Daldea

Belén Domínguez Carrera

  Fecha: 4 Setembro 2015
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara:

Canon EOS 350d

Canon EOS 1000d

     

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones