Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

ESPECIAL - HOMENAXE A FLORINDO ÁLVAREZ EN O ROSAL

Realizouse na mañá do Sábado día 7 de Xullo de 2012

Fecha: 09 de Julio de 2012

Fuente: Infomiño.com

Texto: Jacinto Domínguez

Fotos: Belén Domínguez

Merecida homenaxe a Florindo Álvarez Martínez, nado en Pancenteo o 7 de Xullo de 1946, realizada o pasado Sábado en O Rosal.

A homenaxe  consistíu en adicarlle o tramo do camiño que comunica a Casa de María Pascuala coa Praza do Xogo, hasta hoxe "Camiño do Xogo" e dende esta homenaxe "Rúa de Florindo Álvarez".

O acto estivo arroupado pola metade da corporación municipal do Rosal, familiares, amigos, compañeiros do grupo filatélico e veciños da zona.

Acto que estivo amenizado polo grupo de gaitas Airiños do Folón, acompañado nalgúns momentos por unha compoñente da Agrupación Musical do Rosal, Lúa que interpretou o Himno Galego.

No acto interviron o alcalde do Rosal, Sr. Jesús María Fdez. Portela, a Concelleira de Cultura, Sra. Charo Tabales, unha das primas do homenaxeado, así coma os investigadores locais, Xoán Martínez Tamuxe  e o seu fillo Juan Ramón Martínez Barbosa, e o Xuíz de Paz, Sr. D. Castor Rodríguez.

O acto finalizou coa intervención do Sr. Luís Alberto, primo do homenaxeado , que agradeceu o traballo a todos os que participaron nesta emotiva homenaxe.

Os asistentes recibiron coma agasallo o libro "Pedras e Paisaxes de O Rosal" da autoría de Florindoe editado pola Fundación do Rosal.

Dende moi novo Florindo sentíu afección polo debuxo e a pintura, pasando pola Escola de Arte de Madrid saíndo da mesma co número 1 da promoción 1968-1969, en composición e debuxo.

Eliseo Alonso decía "Con trazos precisos e fluídos, Florindo Álvarez penetra nos segredos que se cochan neste pequeno, pero intenso mundo, plasmando con naturalidade as esencias que os seus ollos atoparon nos vieiros, nas pedras, na paisaxe. Debuxos camiñeiros, testimonios da terra, macendo a procurada imaxen na albura do papel."

"Floro, foi unha gran pena que houberas sufrido tan grave accidente entre a infancia e a adolescencia, tamén triste que tuveras que morrer para que os paisanos te empecen a coñecer. Sei que sufriste demasiado na túa xuventude, case enclaustrado, dixeste que se daquela existira "o Manoliño" houberas sanado.

Pero bueno, o teu cerebro e as túas mans foton excepcionais.

Floro, amigo, o pobo está contigo e espero que todos colaboren para que os investigadores recopilen a túa gran obra. Eu quédome coa túa pícara sonrisa, tamén co símbolo da Fundación O Rosal. Ti mesmo sentado nun sillón, lendo un libro, ó carón dunha suave e perfumada flor de Rosal."

FOTOGRAFÍAS

 

 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí