Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - HOSTALEIROS DE A GUARDA E O ROSAL VISITAN AS ADEGAS MARQUES DE VIZHOJA EN ARBO

Unha visita enmarcada nas Actividades previas á Realización da cuarta Ruta do Pincho

Fecha: 01 de Marzo de 2011

Fuente: Infomiño.com

Onte, día 28 de Febreiro de 2011, hostaleiros de A Guarda e O Rosal, desprazáronse ata as Adegas "Marqués de Vizhoja" no Concello de Arbo, para coñecer os seus viños e o proceso de fabricación dos mesmos, de cara a próxima celebración da 4ª Ruta do Pincho, organizada pola Asociación de Comerciantes 'ábaco' co patrocinio das Adegas "Marques de Vizhoja"
 
Carlos Hernández Ares, representante comercial da Adega "Marqués de Vizhoja", servíu de guía para explicar paso a paso o proceso de elaboración dos diferentes viños desta Adega, explicacións que seguiron con moito entusiasmo os deiferentes representantes dos establecementos hostaleiros que participarán na 4ª Ruta do Pincho de 'ábaco'.
 
Trala visita ás instalacións de procesado da uva, pasouse o espazo de almacenamento do viño, onde se fermentará para o seu posterior envasado e etiquetado, etiquetado que, segundo explicaron, non se desprende da botella en contacto coa auga, polo cal pódese enfriar a botella de viño inmerxíndoa en auga con xeo sen que a etiqueta se caia da botella.
 
Carlos Hernández explicou que os inicios desta Adega, calificada como a Adega Familiar máis grande de Galicia, foron polos anos 1950 no Barrio Vigués de Bouzas, unha época de Tabernas onde se servían diferentes clases de Viños, e moitos deles províñan de terras de Arbo, polo cal iniciouse o tratamento da vide e das uvas para comezar máis tarde a elaboración deste viño, do que a día de hoxe se fabrican preto de 1.500.000 de botellas.
 
Posteriormente, os visitantes puideron comprobar a beleza do "Pazo La Moreira" situado na propia Adega e sede da mesma, nun marco incomparable, preto das ribeiras do Río Miño e disfrutando dos diferentes sabores, aromas e texturas dos viños desta Adega, pasando despois a unha comida no Salón Principal do Pazo.
 
Tralo remate da Comida, os visitantes foron obsequiados cun estuche de viño e un paquete de "Gotas del Marqués" unha idea novedosa para envasar augardente branca en pequenas monodosis de 5ml.
 
FOTOGRAFÍAS DA VISITA
 
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones