Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - II MESA LOCAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO NO CONCELLO DE A GUARDA

Celebrouse o 30 de Marzo de 2011 no Salón de Plenos do Concello de A Guarda

Fecha: 31 de Marzo de 2011

Fuente: Infomiño.com

Hoxe tivo lugar, no Salón de Plenos do Concello da Guarda ás 9:30h.a II Mesa sobre a Violencia de Xénero na que participaron:

·         Pilar Lagos Alonso, responsable do equipo de Muller e Menores(EMUME) da Garda Civil da provincia de Pontevedra.

·         Lucía Muradas Arcay, xefa da Unidade contra a Violencia sobre a Muller de Subdelegación de Goberno.

·         Carmen Mª Castro González. Concelleira da Muller

·         Yolanda Villaverde Gondar. Traballadora social e responsable do Centro de Información á Muller (CIM) da Guarda. 

·         Isabel Bestilleiro Louro. Traballadora social do Centro de saúde (representante do ámbito de saúde)

·         Juan Antonio Taboada Veiga. Cabo-xefe da Policía Local da Guarda.

·         José Pérez González. Sarxento do posto da Garda Civil da Guarda.

·         Andrés García Jiménez. Axente da Garda Civil, encargado dos casos de V.X.

 

Tratáronse os seguintes puntos da orde do día:

 

  • Lectura e aprobación da acta anterior
  • Análise  da Violencia de Xénero no municipio e nos concellos limítrofes
  • Coordinación das Forzas e Corpos de Seguridade e o Centro de Información á Muller da Guarda
  • Elaboración dun protocolo de actuación
  • Rolda de intervencións

 

 

Nesta xuntanza resaltouse a importancia da prevención e sensibilización na poboación infantil e xuvenil, como factor clave para intentar desde idades temperás concienciar a poboación de que existen diferentes formas de relacionamento, que moitas veces non son conscientes de están exercendo a violencia co resto de iguais como modelo de conduta favorable e outras veces están inmersos nunha realidade familiar conflitiva que normalizan e asumen como natural.

Existe  un consenso social sobre a  relación existente entre a educación que reciben os nosos menores e xoves  e o seu comportamento futuro como cidadáns, constituíndo a escola xunto coa familia, unha institución básica para a integración social, a adquisición de valores e habilidades sociais, así como para a prevención de condutas contrarias á convivencia.

Para traballar neste senso, o Ministerio do Interior creou o “Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade escolar”,

O IES A Sangriña participou por terceiro ano consecutivo nas xornadas enmarcadas dentro do citado Plan , que tiveron lugar este luns 28 a cargo de Pilar Lagos, responsable do EMUME.

Pilar, como conclusión das xornadas reitera o comentado no parágrafo anterior e resalta que é moi importante seguir traballando nesta liña:prevención e sensibilización. Aspecto co que concorda o persoal directivo do IES e no que están dispostos a colaborar e traballar coordinadamente.

 

Outro dos puntos relevantes tratados na reunión, foi a  análise da comparativa dos casos de violencia de xénero existentes  no ano 2009 e 2010 nos concellos da Guarda, Rosal e Oia(ámbito de actuación do posto da Garda Civil da Guarda) e o seguimento do primeiro trimestre do ano 2011. 

 

Como resume da xuntanza, falouse da importancia de traballar de forma conxunta e coordenada entres os diferentes profesionais implicados; forzas e corpos de seguridade, servizos sociais de atención primaria e especializada, no ámbito de saúde e  no educativo para conseguir os mellores obxectivos, que non son outros que atender desde unha perspectiva integral ás vítimas de Violencia de Xénero.

Yolanda Villaverde Gondar

Responsable do CIM da Guarda

 

FOTOGRAFÍAS

 

 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones