Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA DE ANXO RIAL - LUCES DO MUNDO- EN O ROSAL

A exposición recolle unha selección de fotografías tomadas por Anxo Rial en diferentes partes do mundo

Fecha: 04 de Mayo de 2012

Fuente: Infomiño.com

O pasado Xoves inaugurouse a Exposición de fotografías de Anxo Rial na Sala de Exposicións do Concello de O Rosal, contando coa asistencia do Alcalde de O Rosal, Sr. Jesús María Fdez. Portela, a Concelleira de Cultura, Sra. Charo Tabales, o Deputado Provincial, Sr. Pablo Baquero, o representante do Museo de Pontevedra, Sr. Carlos Valles, así como representantes políticos, de asociacións e veciños de O Rosal.

Esta exposición recolle diferentes fotografías do xornalista, fotógrafo e aventureiro Anxo Rial, tomadas nas súas viaxes ó redor do mundo, con impactantes fotografías de países coma Francia, Italia, Polonia, Nepal, Sudáfrica, Exipto, entre outros. Estas fotografías amosan diferentes aspectos da natureza e tamén das grandes cidades, trasladándonos polos diferentes lugares no que foron tomadas coma se estivésemos alí mesmo, xogando cos colores, ós enfoques e, sobre todo, a espontaniedade do espazo e os obxectos fotografados.

Esta exposición forma parte do Museo Provincial da Deputación de Pontevedra e visita O Rosal grazas a un convenio de colaboración firmado con diferentes concellos da nosa provincia, no que o Rosal tomou a iniciativa, apostando pola calidade e difusión da cultura. O representante do Museo provincial, Sr. Carlos Valles, manifestou que normalmente este tipo de exposicións levanse a cabo en grandes cidades e neste caso ocorre dun xeito diferente, descentralizando este tipo de eventos e levándoos ó rural, ocasión que o Concello do Rosal non quixo desaproveitar.

Horario da Exposición: De Luns a Sábado, de 9:30h a 13:00h

FOTOGRAFÍAS

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones