Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - INAUGURACIÓN FORTALEZA DE GOIÁN

O venres 22 de xuño dábanse cita numerosas personalidades para a inauguración do Espazo Fortaleza en Goian.

Fecha: 25 de Junio de 2012

Fuente: Infomiño.com

O venres 22 de xuño dábanse cita numerosas personalidades para a inauguración do Espazo Fortaleza en Goian. Tras séculos de historia da Fortaleza de San Lourenzo, construída no século XVII, e anos de abandono e deterioro, marcábase fai 4 anos a determinación, por parte do Concello de Tomiño, de otorgarlle a esta obra e ó seu espazo ambiental unha recuperación que este venres presentábase ante os veciños do municipio, doutros concellos da comarca, e incluso dos veciños da riveira portuguesa.

Con media hora de retraso, a Banda Municipal de Goian e a Coral de Tomiño comezaban o espectáculo ca peza "A conquista do Paraíso" de Vangelis, marcando unha metáfora da propia "reconquista do paraíso" que se fixo con esta obra de recuperación, tal e como indicaba o presentador da inauguración. Cá simbiose de 4 elementos: a praia fluvial, a Fortaleza, o Rio Miño e os veciños, facíase este "Espazo Fortaleza" que tenta dar luz a ditos elementos ata o de agora agochados.

Figura importante neste proxecto foi a de Uxío Benítez, concelleiro de Urbanismo e Patrimonio do Concello de Tomiño, que agradeceu o apoio de todos para conseguir "un lugar único, cun valor incalculable pasaxístico e histórico, e que levaba anos agochado". Lembrou ademais as Fiastas, e a importancia que estas tiveron para por en valor á Fortaleza, xa que eran os propios veciños cás suas desbrozadoras os que facían as labores de limpeza da zona para poderes celebrar esta festa, polo que entende que este traballo de recuperación é unha devolución deste espazo ó "seu lexítimo dono: o pobo".  Fixo tamén mención ó Río Miño, e a similitude da profundidade das suas augas ó paso por Tomiño, ó igual que as profundas relacións co país veciño: Portugal.

O Presidente da Cámara de Cerveira, José Manuel Baz Carpinteira, describía esta obra como necesaria, non só a nivel ambiental, senón tamén a nivel turístico, e puxo como exemplo o espazo público do "Castelinho", un investimento que tamén trouxo polémica, pero que entendeu de necesario para os seus veciños e visitantes. Non descartou que nun futuro, cando a situación económica mellore, proxéctese unha ponte peatonal unindo os dous espazos.

Acudiu á cita tamén, D. Antonio Coello Bufill, Subdelegado de Goberno, que invitou a todos a desfrutar desta obra, e sinalou a importancia dunha boa sinerxia entre administracións, xa que tanto a Administración do Goberno de España como o propio Concello de Tomiño tiveron que traballar man a man para conseguires o resultado xa exposto a ollos de todos; traballo, no que a Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, tivo moito que ver, e lembraba cómo fai catro anos acudiron cá maqueta do seu proxecto a multitude de lugares para conseguir, pouco a pouco, tódalas licenzas e permisos necesarios, do que xa só falta un: o da cafetería.

Sandra fixo un agradecemento a tódolos asistentes, ás autoridades, a Pablo Gallego, arquitecto da obra, a Movexvial, ó Foro Fortaleza, ós pescadores, a Adeto, ás Asociacións de traídas de augas e Comunidades de Montes e de veciños, a Manuel Campo Vidal, ás Treboadas, ós coros e á Banda Municipal, os veciños que cortaron os últimos eucaliptos que abriron a Fortaleza ó río, ó destacamento da marina, e unha mención especial para Uxío Benítez, a quen presentou como "alma do proxecto". Fixo fincapé na consecución dun espazo para todos, que marcará un atractivo mais do pobo á beira do río, ofrecendo o entorno que merecía unha das fortalezas mellores conservadas do espazo transfoiterizo.

Durante o acto, ademais da Banda Municipal de Goian, que interpretou varias pezas, entre elas a creada polo veciño de Goian e músico da agrupación, Andrés Álvarez, titulada "Fortaleza", que contou ca compañía de danza Sine Die de Paula Cobián, tamén actuaron o Coro de Tomiño e o Coro infantil. E para darlle o toque final á inauguración, músicos galegos e portugueses uníronse en embarcacións no Río Miño, frente ó espazo fortaleza, nun acto de hermanamento  que culminou con bombas de palenque e treboadas que proviñan de Portugal, da praia e da parte norte da Fortaleza, nun fin de festa sonoro e emocionante.

FOTOGRAFÍAS

 

 

VIDEOS

 

 

 

 

 

 

 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones