Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Especial - Máis de 200 persoas participaron na Guarda na concentración reivindicativa con motivo do Día Internacional da Muller 2020

As actividades continúan ata o 3 de abril co programa de Cinema de Muller

As actividades continúan ata o 3 de abril co programa de Cinema de Muller

Fecha: 10 de Marzo de 2020

Fuente: Jorge Alonso Daldea / Infomiño

A Guarda conmemora o Día Internacional da Muller 2020 con diversas actividades que se iniciaron na xornada do pasado venres día 6 de marzo cunha charla coloquio e posterior proxección de "Unha moza volta para casa soa de noite" de Ana Lily Amirpour.

As actividades continuaron na xornada do domingo 8 de marzo cun Obradoiro de Biodanza "Danzando pola Igualdade" que estivo impartido por Sara Rodríguez. De seguido realizouse a Concentración Reivindicativa 8M na Praza do Reló, onde se realizou unha concentración en prol da igualdade real entre mulleres e homes, coincidindo co propio Día Internacional das Mulleres e na que participaron máis de 200 persoas.
A Concelleira de Igualdade, Fátima Rodríguez, deu lectura a un manifesto feminista.
As actividades continúan ata o 3 de abril co programa de Cinema de Muller


Programa de Cinema da Muller

O Centro Cultural da Guarda é o escenario para as tres proxeccións do programa de Cinema da Muller, a primeira delas xa se realizou o pasado venres, pero aínda quedan pendentes as dos días 20 de marzo e 3 de abril, todas as proxeccións contan cunha charla coloquio previa ás 20:00h e posterior proxección ás 21:00h.

O venres día 20 de Marzo de 2020 proxectarase "As Lindas" de Melisa Liebenthal.

As Lindas é un documental dirixido pola novísima Melisa Liebenthal (Bos Aires 1991) que a pesar de ser a súa ópera prima, foi xa premiada na sección Bright Future do Festival internacional de cinema de Rotterdam, e na terceira edición Asterisco do Festival internacional de cinema LGBTIQ, así como no BAFICI 2016, onde obtivo o premio á mellor directora na competencia arxentina.

¿Que é belo e que non o é? Melisa aborda os estereotipos de xénero baseándose nun arquivo documental de fotografías vellas onde aparecen ela e as súas amigas, feito que a leva a ter unha excusa para reunirse con elas, gravalas e entrevistalas para coñecer cuais foron as súas vivencias a partir da adolescencia e como as sentiron. Nestos encontros máis que sinceros, Melisa descobre que os medos e angustias que a chegaron en certo punto a obsesionar, foron medos compartidos polo resto das protagonistas nesta viaxe ao pasada e que agora levan a cabo xuntas dende unha perspectiva máis madura.

Trailer: https://www.youtube.com/watch?v=5hNVr3BE8fw


Para rematar este ciclo o venres día 3 de Abril de 2020 proxectarase "Histeria" de Tanya Wexler.

Dr. Mortimer Granville (Hugh Dancy) é un xoven médico que constanmente ten problemas cos seus compañeiros polos seus puntos de vista modernos sobre a medicina. Granville é contratado como asistente polo Dr. Dalrymple (Jonathan Pryce), o cal está especializado no tratamento da histeria, un mal diagnosticado comúnmente ás mulleres da época, e que tiña por tratamento masaxes na área xenital para causar <> que na verdade eran orgasmos.

Trailer: https://www.youtube.com/watch?v=MOzK5V0REz8

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

As actividades continúan ata o 3 de abril co programa de Cinema de Muller

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí