Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - MÁIS DE CEN PARELLAS PARTICIPARÁN NO IV TROFEO CONCELLO DE TUI DE BAILE DEPORTIVO

Será este domingo, 18 de novembro, a partir das 13h no novo pavillón de deportes de Tui

Fecha: 15 de Noviembre de 2012

Fuente: www.concellotui.org

Este domingo, 18 de novembro, vaise celebrar no novo pavillón de deportes o IV Trofeo Concello de Tui de Baile Deportivo organizado polo Concello de Tui e a Academia de Baile Pasos.

Esta proba foi presentada hoxe polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo e o responsable da Academia Pasos, Miguel Abreu, acompañados polo edil José Ángel Villaverde.

O Trofeo comezará a partir da unha do mediodía participando no mesma máis dun centenar de parellas que competirán nas modalidades estándar e latino, divididos en distintas categorías en función da idade e do nivel da parella. O prezo da entrada é de 6€. A inscrición para os competidores está aberta ata mañá mércores.

O concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, agradeceu a Miguel Abreu o seu interese por celebrar este Trofeo en Tui. Ao tempo avanzou que o ano que vén tentarán que esta competición forme parte das actividades da Eurocidade, tendo en conta que o 25% das parellas veñen de Portugal. Tamén plantexou coma obxectivo crear unha Escola Municipal de Baile Deportivo.

Miguel Abreu explicou que na competición daranse cita dende nenos de 4 ou 5 anos ata persoas que superan os 60 anos de idade. Haberá un bloque dedicado aos bailes estándar: vals inglés, tango europeo, vals vienés, slow fox e quickstep; e outro para bailes latinos como rumba bolero, cha cha chá, jive, pasodobre e samba. Estarán en Tui este domingo os campións de España Adrián e Patricia e os de Portugal Sergio e Rita, xunto a outras parellas que tamén teñen un alto nivel en Galicia. Agardan unha boa resposta por parte do público e superar as máis de 700 persoas que acudiron á edición do ano pasado. O mellor momento para gozar do espectáculo será a partir das 16h.

Miguel Abreu fixo referencia tamén a posibilidade no futuro de facer unha competición puntuable para o ranking tanto español como portugués co que se podería triplicar a participación e habería que facer o trofeo en dous ou tres días. Este é un proxecto, que dicía, haberá que estudar con calma.

Por último o alcalde, Moisés Rodríguez, explicaba que queda un longo percorrido por andar no que hai que explotar a forza e a potencia que ten a Eurocidade. Recomendaba ao público achegarse o domingo ata o novo pavillón de Deportes para gozar dun espectáculo impresionante e moi visual.

FOTOGRAFÍAS

 

VIDEOS

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones