Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - MÁIS DUN MILLAR DE PERSOAS DISFRUTARON NA PASADA FIN DE SEMANA DO V MINHO REGGAE SPLASH

O Espazo Fortaleza de Goián acolleu esta quinta edición

Sen dúbida esta foi unha gran edición do Minho Reggae Splash que volve a por a Tomiño no mapa dos principais festivais de Reggae da península.

Fecha: 08 de Septiembre de 2014

Fuente: Infomiño.com

O pasado Venres día 5 e Sábado día 6 de Setembro de 2014 o Espazo Fortaleza de Goián, no termo municipal de Tomiño, acolleu unha vez máis o Minho Reggae Splash, un festival que congregou a máis dun milleiro de amantes da música reggae.

Este festival, organizado polo Concello de Tomiño coa producción da Asociación Cultural Minho Reggae e o apoio de diferentes institucións e casas comerciais, conseguíu un ano máis achegar a música reggae e os valores da mesma nun marco incomparable, co río Miño e a natureza do seu entorno.

Os asistentes puideron disfrutar dunha ampla programación de actividades complementarias coma Yoga, Chi Kung, charlas, espectáculos de animación, clown e humor, obradoiros, andainas, mercado de artesanía e productos orgánicos, entre outros. Ademáis de gozar dunha zona de acampada preto do río Miño con zona arbolada para poder descansar.

No apartado de concertos, a quinta edición do Minho Reggae Splash contou coas actuacións de 11 bandas no palco principal e animación entre concertos de Organic Roots Crew. Repetiron escea nesta edición a banda viguesa Zamaramandi, os madrileños Blueskank, os ferroláns Natural Greene e os vigueses Transilvanians, facendo un espectacular backed a Winston Francis, que nada máis subir ó escenario encandilou ós asistentes ca súa gran posta en escea, chea de movemento e enerxía.

Velaquí o listado completo de grupos, Winston Francis(Jamaica / Ska Reggae & RockSteady), Hotdrop(Madrid / Dub & Roots Reggae), Blueskank(Madrid / Reggae & Blues), Nova Raíz(Brasil - Roots Reggae), Zamaramandi(Vigo / Roots Reggae & Jazz), Reggae a Semente(Brasil / Reggae), Habitantes de Zion(Brasil / Roots Reggae), Tacumah(Donostia / Reggae), Natural Green(Ferrol / Reggae), Prince Jamo + Don Fe(UK - Dub & Roots Reggae), Organic Roots Crew(Madrid / Dub), feat Tiano Bless & Koko Vega, Echo Chamber(Madrid / Roots Reggae) e Benjammin(UK / Reggae Soul Ragga).

Sen dúbida esta foi unha gran edición do Minho Reggae Splash que volve a por a Tomiño no mapa dos principais festivais de Reggae da península.

www.infomiño.com Fotógrafo:

Belén Domínguez Carrera

Jorge Alonso Daldea

 

 
  Fecha: 5 y 6 de Septiembre de 2014
 

 
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara:

Canon EOS 350d

Canon EOS 1000d

     

FOTOS VENRES 5 

 

 

FOTOS SÁBADO 6

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones