Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - MANIFESTACIÓN NA GUARDA CONTRA OS DESPIDOS NO SAN XEROME

Máis dun centenar de persoas manifestáronse contra os despidos de 4 traballadores do centro polas rúas de A Guarda

Fecha: 25 de Abril de 2013

Fuente: Infomiño.com

 

 

O pasado Mércores día 24 de Abril de 2013 tiña lugar unha manifestación na Guarda convocada por CIG-Ensino en contra do despedimento de 4 traballadores do Centro San Xerome, algún dos cales levaba traballando 31 anos no mesmo.

Máis dun cento de persoas congregáronse as portas do San Xerome na Rúa Galicia de A Guarda para dende alí realizar unha manifestación que percorreu a rúa Vicente Sobrino ata a Praza do Concello, onde o Secretario nacional da CIG-Ensino, Sr. Anxo Louzao, deu lectura a un comunicado.

Dende CIG-Ensino se denuncia que o Centro de atención a discapacitados San xerome Emiliani de A Guarda está a practicar a represión sindical contra os traballadores que reclaman o mantemento dos seus dereitos. As persoas despedidas son unha coidadora e tres monitores que desenvolven o seu traballo no sector asistencial, enmarcados nun convenio que se caracteriza por retroceder en materia de dereitos laborais. A reclamación do cumprimento do convenio e da lexislación vixente comeza no San Xerome no ano 2008, cando rematando o curso escolar, a Xunta Directiva trasládalle ós traballadores que lles vai incrementar a xornada laboral, acadándose un acordo a posteriori que, trala adopción do mesmo por parte dos traballadores, a Xunta Directiva do San Xerome negouse a asinar. Tras tres anos e varias sentenzas, a CIG-Ensino recibe sentenza favorable que definitivamente pecha o conflicto e en Xullo de 2011 o TSXG falla a favor dos traballadores, establecento que non pode haber modificación da xornada se on hai acordo entre as partes, obrigando a repor a todos os traballadores afectados a xornada laboral que viñan realizando ata xullo de 2008.

O pasado 5 de Abril de 2013 o Centro San Xerome despide a 4 traballadores dos 9 que promoveron o conflicto colectivo no seu día alegando motivos económicos. Dende a CIG-Ensino se esixe a readmisión inmediata dos traballadores emprendendo as accións legais oportunas a través da súa asesoría xurídica.

Dende o Centro San Xerome manifestaron a través dun comunicado de prensa o pasado 9 de Abril que  "A Asociación S. Xerome Emiliani é unha entidade sen ánimo de lucro que ten por misión "facilitar ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias apoios e servizos profesionalizados para mellorar a súa calidade de vida, intervindo no ámbito persoal, educativo, familiar,laboral e social". Como non pode ser de outra maneira, todos nosos recursos están volcados en actividades que axuden o desenvolvemento desta misión.
Nos últimos anos os ingresos foron disminuindo, mentras que os gastos aumentaron, e o resultado foi de perdas económicas, o que unido á falta de financiación das entidades bancarias situaron á Asociación nunha situación difícil, sen liquidez para afrontar todos os gastos necesarios para manter a nosa actividade coa mesma estructura.
Pese aos esforzos por manter as cousas como estaban, a nova reglamentación en materia de bonificacions á S. social, que supuxo un maior coste para a Asociación ( 12.000.- € ano), así como o incremento das demais partidas de gastos sociais e xerais, obligounos a tomar medidas conducentes a manter o equilibrio presupuestario, senon , de continuar igual, pondría en perigo a continuidade do noso proxecto social.
Intentáronse levar a cabo outras medidas menos drásticas dende o punto de vista social, pero lamentablemente non se alcanzou o consenso necesario coa parte social.
A nova estructura permitirá continuar coa obra social e a maioría das actividades desenvoltas no noso centro, adaptando as mesmas aos ingresos reais que hoxe en día ten a nosa Asociación.
Con respecto aos traballadores afectados pola rescisión dos seus contratos, tívose en conta criterios obxectivos para sua elección, entre os que cabe destacar, a productividade, polivalencia e coste hora profesional en función da xornada anual realizada por cada un dos compoñentes da plantilla.
As rescisions contractuais foron realizadas por causas obxectivas económicas e organizativas, con dereito a percibir unha indemnización de 20 días por ano de servizo co límite de 12 mensualidades.

O fin de esta medida é preservar no posible os demais postos de traballo e a continuidade do noso proxecto social."

 

FOTOGRAFÍAS

Fai clic sobre as imaxes para acceder á galería

Fotografía
Fotografía

 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones