Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - MANIFESTACIÓN POLO DESPEDIMENTO DE 4 TRABALLADORES DO SAN XEROME NA GUARDA

Celebrouse o pasado Luns día 15 de Abril de 2013 na Rúa Galicia de A Guarda

Fecha: 16 de Abril de 2013

Fuente: Infomiño.com

O pasado Luns día 15 de Abril de 2013 tivo lugar unha manifestación en apoio ós 4 traballadores despedidos do Centro San Xerome de A Guarda na que participaron máis dunha treintena de persoas.

Segundo Cig-Ensino, desde Xullo de 2008 o San Xerome vén intentando imporlle aos traballadores afectados un incremento de xornada, chegando a un acordo, pero o centro negouse a firmar este acordo realizando os traballadores a nova xornada laboral aumentada, polo que presentou un conflito colectivo no cal o TSXG  ditou sentenza en favor dos traballadores, obrigando a repor a xornada anterior.

O pasado 5 de Abril o centro despedíu ós 4 traballadores que presentaron demanda no seu día, alegando o centro circunstancias económicas que Cig-ensino cree falsas polas seguintes circunstancias:

  • Desde a Xerencia se facilitou unha información en Xaneiro de 2013 segundo a cal as previsións laborais para o 2013 eran de mantemento dos postos de traballo fixos.
  • Este mesmo ano realizáronse novas contratacións.
  • Antes de proceder ao despedimento dos traballadores existen mecanismos diversos recollidos na lexislación para enfrontar a situación, se verdadeiramente fose unproblema económico.
  • Acaban de gastar máis de 8000€ en pagar un plan estratéxico para que recolla que hai que facer despidos e que hai que aforrar para finiquitos.
  • Máis si hai cartos para asumir o gasto por incumprir a comunicación con 15 días de antelación e para despedir aos traballadores máis antigos, situándonos en cantidades que van superar os 70.000€.

Dende Cig-ensino afirman que estes feitos poñen en evidencia da persecución sindical que se está a producir, esixindo a readmisión inmediata dos traballadores despedidos e convocando todos os días novas manifestacións ás 9:30h ás portas do Centro San Xerome de A Guarda.

Dende o Centro San Xerome manifestaron que "nos últimos anos os ingresos foron disminuindo, mentras que os gastos aumentaron, e o resultado foi de perdas económicas, o que unido á falta de financiación das entidades bancarias situaron á Asociación nunha situación difícil, sen liquidez para afrontar todos os gastos necesarios para manter a nosa actividade coa mesma estructura."

O San Xerome engadíu que con respecto aos traballadores afectados pola rescisión dos seus contratos, tívose en conta criterios obxectivos para sua elección, entre os que cabe destacar, a productividade, polivalencia e coste hora profesional en función da xornada anual realizada por cada un dos compoñentes da plantilla. As rescisions contractuais foron realizadas por causas obxectivas económicas e organizativas, con dereito a percibir unha indemnización de 20 días por ano de servizo co límite de 12 mensualidades.  O fin de esta medida é preservar no posible os demais postos de traballo e a continuidade do noso proxecto social.

FOTOGRAFÍAS

 

Fotografía

NOTICIAS RELACIONADAS:

COMUNICACIÓN DE PRENSA DA ASOCIACIÓN S. XEROME EMILIANI DE A GUARDAFecha:10/04/2013O fin de esta medida é preservar no posible os demais postos de traballo e a continuidade do noso proxecto social.

 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones