Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - O BNG DE A GUARDA PRESENTOU A SÚA CANDIDATURA ÁS ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2011

Máis de 150 persoas asistiron a ésta presentación no Centro Cultural de A Guarda

Fecha: 28 de Febrero de 2011

Fuente: Infomiño.com

O Sábado 26 de Febreiro de 2011, tivo lugar no Salón de Actos do Centro Cultural de A Guarda, o Acto de Presentación da Candidatura do BNG ás Eleccións Municipais no Concello de A Guarda.

Preto de 170 persoas encheron o Salón de Actos para escoitar, en primeiro lugar a Sra. Hortensia García, Responsable de Muller do BNG, O Sr. Guillerme Vázquez, Portavoz Nacional do BNG e o Sr. Xan Lois Lomba,  Portavoz Municipal e Candidato á Alcaldía de A Guarda nas vindeiras Eleccións Municipais de Maio de 2011.

O actual portavoz do grupo municipal do BNG, Xan Lois Lomba, foi a persoa elixida para encabezar a candidatura nacionalista. O primeiro tramo da candidatura está formado polas seguintes persoas:
Xan Lois Lomba Alonso, nado na Guarda hai 39 anos, é diplomado en Ciencias da Educación e exerce na actualidade como profesor de primaria. Conta cunha ampla experiencia nas filas do nacionalismo e desempeñou diversas responsabilidades no seo do BNG. Actualmente é membro do Consello Comarcal do BNG e leva dúas lexislaturas como Portavoz Municipal no Concello da Guarda.
Hortensia García Díaz ocupará o segundo posto da candidatura. Residente no Castro (Salcidos) forma parte do actual Consello escolar do Instituto da Guarda. Membro do Consello Comarcal do BNG exerce como Responsábel da Área de Muller na Guarda e forma parte da Comisión Nacional de Muller do Bloque Nacionalista Galego.
O terceiro posto na lista electoral será ocupado por Xosé Emilio Álvarez Pena. Xubilado do sector do metal é membro da Xunta Directiva do Centro San Xerome Emiliani da Guarda. Iniciou a súa actividade política no mundo sindical e actualmente é o Responsábel Local do BNG na Guarda.

Marisa Guerra Canizo, que ocupará o cuarto posto na candidatura, é unha das novas incorporacións á candidatura do BNG para as eleccións Municipais na Guarda. Profesora no Instituto de Educación Secundaria da Sangriña é sobradamente coñecida a súa labor no mundo educativo por seren a Xefa de Estudos de nocturno no instituto Guardés.

O número cinco na candidatura será Fernando Loureiro Coballes. Militante de longa traxectoria no mundo do nacionalismo ten desenvolvido un intenso traballo no mundo sindical nacionalista. Na actualidade é membro da executiva da Unión Local da CIG do Baixo Miño.

 VIDEO

 

 

FOTOGRAFÍAS

 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones