Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - O CLUB CICLISTA GUARDÉS VISITOU A CATEDRAL DE SANTIAGO O PASADO DOMINGO

Case a totalidade dos membros do Club Ciclista Guardés, o domingo día 5 de setembro, saíron dende A Guarda as oito e media da mañá en bicicleta cara a Santiago para realizar unha etapa de 136 Km. chegando a praza o Obradoiro cando soaban as dúas da ta

Fecha: 09 de Septiembre de 2010

Fuente: Club Ciclista Guardés

Case a totalidade dos membros do Club Ciclista Guardés, o domingo día 5 de setembro, saíron dende  A Guarda  as oito e media da mañá en bicicleta cara a Santiago para realizar unha  etapa de 136 Km.  chegando a praza o Obradoiro cando soaban as dúas da tarde.

O resumo da etapa, utilizando a xerga ciclista, foi deste xeito: o paquete do pelotón mantívose compacto porque os capos levaron un ritmo adecuado indo todos a roda. Algúns organizaron o seu autobús despois de pasar Padrón porque a distancia íase deixando notar. Non se produciron abanicos por falta de vento. Había globeros  que fixeron o afiador sen producirse montoeiras. A estes recomendábaselle comer e beber para non sufrir unha páxara e que fixeran  molinillo para non cascar as pernas. E mellor facer a goma nas subidas, non cebarse, regular, e logo nas costas abaixo, prato e tuerca, e a tumba aberta. Na meta un novo esprint

A familia, que saíra as once da mañá nun autobús da empresa ATSA, conducido por un membro do club e na que traballan case media ducia  de asociados, recibiron a os ciclistas co cántico de “campeones”, porque o igual que a selección, o maillot do Club Ciclista Guardés e roxo. A xesta realizada merecía case o mesmo recoñecemento.

A comitiva dirixiuse a os xardíns de Xoán XXIII  e mentres os ciclistas se refrescaban e mudaban as roupas o resto da familia foi preparando o xantar a base de empanada e bocadillos para repor forzas.

Despois de xantar nos diriximos o Casino para degustar dun estupendo café e a continuación a visita obrigada a o noso Patrón Santiago.

Uns paseos polas rúas da cidade e as seis da tarde xa todos no autobús rubo A Guarda con parada nunha area de servizo para merendar con preciosa vista a ría de Vigo.

A expedición chegou a destino as nove da noite coa  sensación xeneralizada de haber pasado un día inesquecible.

Dende aquí invitamos a os amantes da bicicleta a que se fagan membros do club e compartan con nos experiencias deste tipo.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones