Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - O COCIÑEIRO PEPE SOLLA E AS MULLERES RURAIS DE A GUARDA PREPARAN RECETAS DE PEIXE ESPADA NUNHA CLASE DE COCIÑA

A clase de cociña celebrouse nas Adegas Terras Gauda de O Rosal nunha actividade organizada por ORPAGU

Fecha: 01 de Junio de 2012

Fuente: Infomiño.com

As Adegas Terras Gauda de O Rosal foi o lugar escollido por ORPAGU para a celebración dunha clase de cociña para intercambio de experiencias sobre o Peixe Espada entre o prestixioso cociñeiro Pepe Solla e as Mulleres Rurais de A Guarda.

Sobre as doce e media do día tiña comezo esta clase experimental na que o restaurador de Casa Solla de Poio convidou ás mulleres rurais de A Guarda a probar novas receitas elaboradas tanto con peixe espada como coas conservas de peixe espada "ORPAGU Gourmet".


Froito das investigacións realizadas co peixe espada nos últimos meses, Pepe Solla presentou hoxe na adega Terras Gauda un peixe espada mariñado en frío con aceite e tomillo, con aceite e soia e con escabeche.

A reacción das mulleres rurais acostumadas ás preparacións tradicionais foi de grata sorpresa ao comprobar a intensidade do sabor, o xugo da peixe e a textura suave en boca.

"Non pretendía en ningún momento dar unha clase de cociña, simplemente quería facer pensar e reflexionar porque é o xeito de incitar a probar, a experimentar. Voume moi satisfeito pola reacción das partipantes porque souberon apreciar a diferencia entre unha cocción tradicional e as novas elaboracións", explica Pepe Solla que puxo enriba da mesa un peixe espada mariñado de tres xeitos distintos que logo adobou durante vinte minutos con azúcar e sal sorprendendo aos presentes que louvaron o sabor e a textura acadadas.

Coa conserva de ventresca de peixe espada ORPAGU Gourmet preparou unha tortilla espumosa con cebola caramelizada que non deixou indiferente aos presentes pola súa exquisitez.

Ao acto, que foi seguido por diversos medios de comunicación, asistiron o presidente de ORPAGU, Joaquín Cadilla, e o presidente do grupo Terras Gauda, José María Fonseca, ademais do director xeral da adega e as mulleres rurais da Guarda que non dubidaron en augurar un futuro prometedor tanto para as conservas de peixe espada ORPAGU Gourmet como para o peixe espada.

Joaquín Cadilla agradeceu aos colaboradores, Pepe Solla, Terras Gauda e Mulleres Rurais da Guarda, o seu apoio e participación destacando "a importancia de traballar en equipo e con colaboradores de calidade".

"É un pracer promocionar os nosos produtos da man dos mellores cociñeiros e dos mellores viños porque xuntos acadaremos máis metas e iniciaremos futuros proxectos de colaboracións", adiantou Joaquín Cadilla.

 

FOTOGRAFÍAS

 

 

VIDEOS

 

 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones