Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - O CONCELLO DE TOMIÑO E A UNIVERSIDADE DE VIGO ASINARON UN CONVENIO DE COLABORACIÓN

Especialistas da Universidade traballarán no desenvolvemento de 3 proxectos iniciais

Fecha: 15 de Junio de 2013

Fuente: Infomiño.com

O pasado Venres día 14 de Xuño de 2013 tivo lugar no Concello de Tomiño a firma dun convenio entre o goberno local e a Universidade de Vigo, que permitirá axudar a resolver 3 primeiros proxectos esteblecidos, o saneamento dos núcleos illados ou dispersos de poboación, a posta en valor da beira do río Miño e un estudo sobre o estado do patrimonio arqueolóxico presente nos montes de Currás.

Con este convenio, poderánse misturar a experiencia dos diferentes grupos de traballo e especialistas da universidade de Vigo, coa necesidade que ten o concello de dar saída a certos puntos de interese para a veciñanza en materia de saneamento, arqueoloxía recuperación de espazos medioambientais.

O reitor da Universidade de Vigo, Sr. Salustiano Mato adiantou que no mes de Xullo se comezará co proxecto de estudo do xacemento arqueolóxico de Currás, onde participará o experto en historia e Arqueoloxía Sr. Fermín Pérez Losada e a tudense Sra.Silvia González. Nestes traballos iniciais empregaráse a tecnoloxía xeoradar para, sen necesidade de relaizar grandes excavacións, poder determinar a magnitude, e características deste xacemento, para o seu posterior análise e previsión de actuacións con posibilidade de realizarse no lugar.

 

Para a posta en valor do río Miño, teránse en conta as contornas naturais, defensa e conservación do patrimonio natural  coa creación de percorridos fluviais, zonas de lecer, facilitar o acceso a zonas de interese medioambiental, entre outras.

Un dos apartados iniciais deste convenio é a busca de solucións en temas de saneamento, tendo en conta que Tomiño é un municipio de grande extensión e dispersión da poboación, no que existen núcleos rurais moi afastados, que aínda non contan con este servizo municipal e que coaparticipación da Universidade estudiarase a aplicación de tecnoloxías alternativas eficientes e máis económicas que os sistemas tradicionais de tubaxes.

 

A alcaldesa Sandra González  destacou que este tipo de convenios son de vital importancia para resolver temas que, por medios propios municipais, sería moi complicado de levar a cabo, destacando que con estes proxectos se abrirá Tomiño ó Río Miño, se mellorará a rede de saneamento e se avanzará na recuperación do patrimonio arqueolóxico do Concello.

FOTOGRAFÍAS

Fotos de Jorge Alonso Daldea

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones