Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - O DELEGADO TERRITORIAL VISITA O ROSAL PARA SUPERVISAR A EXECUCIÓN DE VARIAS OBRAS DE MELLORA E ACONDICIONAMENTO

A petición do alcalde do municipio, Cores Tourís desprazouse ao Rosal para supervisar as obras que se están a realizar no espazo comercial e no colexio CRA María Zambrano

Fecha: 28 de Septiembre de 2011

Fuente: Infomiño.com / xunta.es

 

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, desprazouse está mañá ó concello de O Rosal a petición do seu alcalde, Jesús María Fernández Portela, para supervisar as obras de mellora que se están a realizar no espazo comercial e no CRA María Zambrano. Na visita tamén estiveron presentes membros da empresa adxudicataria das obras e a concelleira de educación do municipio pontevedrés, Mabel Franco Pérez.

 

Os espazos que se están a acondicionar no concello de O Rosal son a rúa Ramón Franco e a Praza do Calvario, que suporá un investimento por parte da Delegación Territorial de 52.100 euros.

 

Está área do municipio contará con dous pasos elevados homologados e debidamente sinalizados. Ademais, estase a colocar na zona unha varanda de 38 metros para mellorar o acceso e entrada no espazo comercial.

 

A praza do Calvario está a ser sinalizada, horizontal e verticalmente, para a reordenación do tráfico e para o acondicionamento dunha zona azul de estacionamento, así como prazas específicas para motocicletas e vehículos de discapacitados.

 

Na zona tamén se están a reformar as beirarrúas, que o delegado territorial quixo supervisar de primeira man para controlar as súas dimensións e accesos. Cores Tourís, instou ó alcalde do municipio e á empresa adxudicataria á mellorar as obras previstas e facer beirarrúas de maior anchura e incluír ramplas de acceso para discapacitados.

 

Ampliación CRA María Zambrano

 

Aproveitando a vista ao concello de O Rosal, o alcalde pediulle ao Delegado Territorial que visitara o CRA María Zambrano para supervisar as obras de ampliación que se están a realizar. Nesta visita estivo presente a concelleira de educación, Mabel Franco Pérez.

 

A ampliación do centro educativo débese a un aumento importante na matrícula que fai precisa a creación dunha nova aula. Ata o momento, o centro utilizaba parte do espazo dunha gardería próxima, pero o incremento na demanda de prazas fai que as instalacións educativas se queden cortas.

 

A nova aula estará climatizada e será dotada con tódolos servizos de comunicación necesarios. Tamén se dotará o centro cun baño adaptado para discapacitados, e outro adaptado á nenos pequenos. Tamén se acondicionará un despacho para os profesores.

 

FOTOGRAFÍAS

 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones