Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - O FESTIVAL INTERNACIONAL DE DOCUMENTAIS PLAY-DOC TUI 2013 CHEGA ESTE ANO Á SUA NOVENA EDICIÓN

O Festival Internacional de Documentais de Tui, que se celebrará do 13 ao 17 de marzo, contará este ano coa presenza do recoñecido realizador Albert Maysles e recuperará a obra e a figura do director cubano Nicolás Landrián.

Fecha: 08 de Marzo de 2013

Fuente: Infomiño.com / Xunta

O Festival Internacional de Documentais de Tui, Play-Doc, celebrará unha nova edición do 13 ao 17 de marzo co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O concello que acolle esta cita do audiovisual foi onte tamén o escenario da presentación oficial do festival, nun acto no que participaron o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, o alcalde e a concelleira de Cultura de Tui, Moisés Rodríguez e Vanesa Rodríguez, respectivamente, e os directores de Play-Doc, Sara García e Ángel Sánchez.

"A calidade dos contidos, coas tendencias máis actuais que se están a desenvolver no xénero documental, e a proxección de Play-Doc, que chega a un público amplo e heteroxéno" foron postas en valor polo secretario xeral de Cultura, que cualificou o festival como un referente do audiovisual en Galicia que se consolida ano tras ano.

Compromiso co audiovisual

Precisamente nesta condición de festival de referencia radica o apoio que a Xunta de Galicia lle vén ofrecendo á iniciativa e que se enmarca no compromiso da administración autonómica co audiovisual galego. Segundo informou Anxo Lorenzo, nestes momentos de dificultade económica a consellería colabora con Play-Doc no marco dun convenio singular. Así mesmo, na súa aposta polos festivais de calidade que se están a realizar en Galicia, a Consellería de Cultura e Educación daralle continuidade á liña de subvencións para festivais escénicos e musicais, que foi posta en marcha en 2012 pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

A novena edición de Play-Doc recupera a obra e a figura do cineasta cubano Guillén Landrán (1938-2003) a través dun ciclo con seis películas, os seus únicos títulos que sobreviviron á censura. Ademais, o festival contará coa presenza do prestioxo realizador Albert Maysles como estrela convidada, un dos máximos expoñentes do cine directo xunto co seu irmán, David.

Novo e recoñecido talento

Na súa sección oficial, Play-Doc reúne novo e recoñecido talento, cun total de cinco filmes procedentes de países como China, Bulgaria ou Estados Unidos, que competirán polo premio que outorga un xurado composto por reputados críticos e programadores. O traballo galego seleccionado deste ano é Arraianos (Eloy Enciso, 2012). A súa intensa presenza, en poucos meses, en foros como Locarno, Sevilla, a Viennale ou o Museum of the Moving Image de Nova York certifica a decisión de Play-Doc de incluíla a competición internacional.

Ademais, música tamén volve ser protagonista en Play-Doc. Este ano, e con motivo da presentación no festival da obra do cineasta cubano Nicolás Guillén Landrián, o festival propón un achegamento aouniverso sonoro de Kumar Sublevao-Beat.
 
FOTOGRAFÍAS
 
Fotografía
VIDEOS
 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones