Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

ESPECIAL - O Grupo de Desenvolvemento Local GDR 14 presenta as Liñas de Actuación e o Plan de Acción da súa estratexia

Os alcaldes e alcaldesas do territorio presentaron hoxe en O Rosal o documento da segunda fase do proceso participativo, previo á presentación da candidatura final

Os alcaldes e alcaldesas do territorio presentaron hoxe en O Rosal o documento da segunda fase do proceso participativo, previo á presentación da candidatura final

Etiquetas del contenido

Fecha: 16 de Junio de 2016

Fuente: Infomiño.com

O Concello de O Rosal acolleu hoxe na Adega Lagar de Fornelos un acto no que o Grupo de Desenvolvemento Rural presentou o segundo documento xerado no proceso participativo de elaboración da estratexia, que recolle cáles serán as liñas de actuación e o plan de acción na xestión dos fondos LEADER para o periodo 2014-2020.

Os alcaldes e alcaldesas dos concellos que forman parte do Grupo de Desenvolvemento Rural 14 foron os encargados de presentar o documento, froito do esforzo e traballo de multitude de persoas do territorio que aportaron as súas ideas, propostas e visión nesta penúltima fase do proceso.

Na actualidade os GDRs de Galicia están inmersos no proceso de elaboración das estratexias de desenvolvemento local, que serán presentadas a finais de mes. Cada grupo GDR opta a xestionar entre 3 e 5 millóns de € no novo periodo. A suma asiganda a cada grupo dependerá da calidade da estratexia, da implicación da poboación no proceso participativo, así como de criterios de desenvolvemento do territorio.

Mediante un acto simbólico e a proxección dun video os rexidores presentaron este segundo documento que recolle as prioridades identificadas para o territorio, reflexadas de xeito concreto en liñas de actuación, e agradeceron a todas as persoas que participaron o seu traballo e compromiso co futuro do noso territorio.

A alcalde de O Rosal, Jesús María Fernández Portela, anfitrión do acto, foi o encargado de depositar no panel simbólico do proceso o novo documento e encender a luz verde que pecha a fase 2 do proceso, e recalcou o agradecemento ás persoas que traballaron no proceso participativo e o compromiso que o Concello de O Rosal ten co programa e co GDR 14.

Pola súa banda, a Presidenta do Grupo de Desenvolvemento Rural, Sandra Gonzalez, resaltou a oportunidade única que supón o Programa LEADER Galicia 2014-2020 para seguir traballando no desenvolvemento do noso territorio rural, e puso en valor o caracter participativo que xerou o documento, fruto do traballo de todos e todas. Agradeceu así mesmo aos alcaldes do territorio o seu apoio e implicación co proceso de candidatura do GDR14.

O lugar elexido para a celebración do acto foi a Adega Lagar de Fornelos, que acadou fondos do programa LEADER anterior 2007-2013.

A finais de mes o GDR porá o broche final ao proceso participativo coa presentación e publicación da candidatura completa nun acto de celebración de carácter festivo en Tomiño.
 
www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea  
 
Fecha: 15 de junio de 2016

 

 
www.infomiño.com © 2016. Todos los derechos reservados. Cámara:

Canon EOS 350d

 

Haz clic en la imagen para ver la galería de fotos

 Os alcaldes e alcaldesas do territorio presentaron hoxe en O Rosal o documento da segunda fase do proceso participativo, previo á presentación da candidatura final

 
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí