Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Especial - O Peixe Espada foi o anfitrión dunha fin semana gastronómica na Guarda

O evento contou cunha ampla programación de actividades para todolos públicos

O evento contou cunha ampla programación de actividades para todolos públicos

Fecha: 31 de Julio de 2017

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

O porto da Guarda acolleu durante a pasada fin de semana a tradicional Festa do Peixe Espada, organizada pola Organización de Palangreiros Guardeses (ORPAGU) en colaboración co Concello da Guarda. A celebración arrancou o venres co pregón inaugural a cargo das campionas de Liga do Clube de Balonmán Mecalia Atlético Guardés.

O alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, foi o encargado de dar a benvida ó acto de inauguración, dedicando un merecido recoñecemento á labor realizada polos organizadores, grazas aos cales esta décimo cuarta edición da festa gastronómica é posible.

Un pregón de campionas
O equipo guardés, que ven de firmar un acordo de patrocinio con ORPAGU, aproveitou a ocasión para amosar o seu novo equipamento, no que se inclue o logotipo coa silueta do peixe espada, representativo da organización. Xa lucindo a nova camiseta, a capitana do Atlético Guardés, Estela Doiro, tomou a palabra agradecendo o apoio tanto dos afeccionados como dos patrocinadores, para pasar a eloxiar as virtudes nutricionais do peixe protagonista da festa e animar á inclusión deste alimento nas nosas dietas.

Tras o pregón, a xerente da Organización de Palangreiros Guardeses, Juana Parada, fixo entrega dos premios ás gañadoras do II Concurso de Relatos "Homes de Mulleres do mar", para a mosense de 12 anos, María Calvar; e o Concurso de Carteis "Festa do Peixe Espada", que foi para Mikaela Rodríguez, de 10 anos de idade e alumna do Colexio Padres Somascos da Guarda. A organización tamén quixo agasallar, facendo entrega dunha figura conmemorativa da festa elaborada polos alumnos co Centro San Xerome Emiliani, ás pregoeiras do Atlético Guardés e ó Concello da Guarda, como agradecemento a súa colaboración.


Programación deportiva e lúdica
O acto rematou coa presentación do II Campionato Galego Inclusivo de Náutico Adaptado, organizado polo Clube Náutico Sen Amarras, que se celebrou na mañá do sábado no porto da Guarda. A charanga Cantos Somos animou aos primeiros comensais da festa, para dar paso ó concertos "Tributos Pop&Rock" ofrecido pola Agrupación Musical da Guarda, pasadas as 22.00 horas, no exterior da carpa.

A entrega dos premios da competición celebrouse na tarde do venres,  na carpa do porto, tras as actuacións do Coro Fuscalheiro e o Grupo de Acordeóns Mascarelhas. Este último volveu a amenizar esta xornada gastronómica tras a entrega dos premios e xa pola noite a música tradicional cedeu o espazo á electrónica, da man do DJ Diego Wass.

Na xornada do domingo as actuacións musicais comezaron co Grupo de baile e gaitas Do Lusco ó Fusco seguido da música tradicional galega a cargo do grupo de gaitas A Boalleira.

Amais destas, a festa contou cun mercado artesanal e outras actividades dirixidas aos máis pequenos, como inchables, pintacaras e obradoiros. O domingo engadíuse as actividades acuáticas organizadas polo Clube Alagua, que ofertou clases de vela para os cativos.

Variada oferta gastronómica e lúdica
Os establecementos hosteleiros participantes nesta XIV edición da festa (Xantar, Cangrexal, O Roxo e Xeito) ofertaron un total de 16 preparacións distintas do peixe espada, entre pratos e tapas cuxos prezos non superan os 8 euros. Así, os visitantes puideron degustar  o tradicional prato de espada á prancha con cachelos ou noutras variedades como guisado, en salpicón, en empanada ou empanadillas, croquetas, en zorza, en tostas, en escabeche, ao peregrino; fideuá, tortilla ou quiche con peixe espada, e bocadiños de espada con salsa alioli. A oferta gastronómica completouse cos postres da Confitería Estévez e o posto de productos gourmet en conserva de ORPAGU.

   Fotos de Jorge Alonso Daldea
 

O evento contou cunha ampla programación de actividades para todolos públicos

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí