Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - O PROGRAMA FALAREDES CHEGOU ONTE Á PRAZA DO CALVARIO DO ROSAL

O pasado venres día 15 de xuño, a Praza do Concello do Rosal foi o lugar escollido para a actividade Galego de Cine, dentro do programa FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Fecha: 16 de Junio de 2012

Fuente: Infomiño.com

ESPECIAL - O PROGRAMA FALAREDES CHEGOU ONTE Á PRAZA DO CALVARIO DO ROSAL

O pasado venres día 15 de xuño, a Praza do Concello do Rosal foi o lugar escollido para a actividade Galego de Cine, dentro do programa FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.


Este programa está destinado aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística, que levará ata decembro un total de 250 accións por unha centena de entidades locais.


FalaRedes busca crear espazos de uso e de aprendizaxe do galego ligados ao lecer, á cultura xuvenil e ás tecnoloxías da comunicación para promover unha imaxe da lingua ligada a valores positivos.


Trátase dun proxecto itinerante para visionar contidos audiovisuais producidos en Galicia en galego para nenos e nenas de 6 a 12 anos, dentro dunha caravana. O visionado das peliculiñas compaxínase con actividades de comprensión dos filmes que impulsen aos cativos a expresárense en galego oralmente, coa construción dun conto ideado de principio a fin polos pequenos e cun vídeo-matón, espazo para plasmar oralmente nun set de gravación o conto inventado durante o desenvolvemento da actividade.


Os obxectivos principais son promover o achegamento do cinema galego e en galego aos máis pequenos, inducir á reflexión e participación activa dos rapaces sobre os contidos vistos e promover a mellora das competencias lingüísticas entre os participantes.


Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones