Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - O PSdG-PSOE É A GARANTÍA DO MANTEMENTO DO ESTADO DO BENESTAR EN ESPAÑA

Así o manifestaron o pasado Xoves 17 de Novembro no mitin celebrado na Guarda

Fecha: 18 de Noviembre de 2011

Fuente: Infomiño.com

O pasado Xoves 17 de Novembro de 2011 celebrouse no Salón de actos do Centro Cultural da Guarda un mítin do PSdG-PSOE no que interviñeron o edil socialista José Manuel Domínguez Freitas, o Secretario Provincial Modesto Pose, a candidata a deputada Eva García de la Torre e a candidata e ex-ministra Elena Espinosa.

Neste mitin, no que acudiron máis de 200 persoas estiveron tamén presentes membros da corporación local e dos veciños concellos, así coma simpatizantes e coñecidos.

José Manuel Domínguez Freitas resaltou que na historia española "cando se escriba nos libros se falará de Felipe González e se falará de Zapatero e seguro que non falarán nin de Aznar nin de Rajoy", clarexando de Felipe González que foi o presidente que fixo posible que exista unha sanidade pública e de calidade para todos, que fixo que o ensino sexa gratuíto e de calidade, quen realizou as subidas das pensións, entre outras. Engadiu a Lei de Igualdade e a Lei de Dependencia coma as principais medidas adoptadas por Zapatero.

Modesto Pose manifestou que aínda que as enquisas dan como gañador ó candidato do PP, non está todo o partido xogado e aínda se pode dar á volta á tortilla nas furnas o 20N.

A Candidata a Deputada Eva García de la Torre explicou que neste momento que vivimos é cando precisamente temos que votar ó Partido Socialista, posto que exceptuando ós oito anos de goberno de Aznar, "o estado do benestar chámase Partido Socialista" e hai que votar ó partido socialista para poder mantelo e continuar co traballo feito ata o de agora, criticando que o Candidato do PP sabe o que vai facer se gaña as eleccións pero non dí todo o que quere facer baixo un programa oculto.

Na ultima tanda de intervencións tocoulle o turno á candidata e ex-ministra Elena Espinosa, quen manifestou que os socialistas son conscientes de que estamos pasando por unha situación difícil, onde hai moita xente que hoxe non ten traballo e que o está pasando moi mal e que hai que ser capaces de solucionar este problema, pero que o PP non vai a solucionar este problema a xente de a pé, é posible que lle solucionen o problema a "catro amigos, catro empresas.. pero non a xente traballadora e de clase media".

FOTOGRAFÍAS

 

 

VIDEOS

 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí