Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - O PSdG-PSOE PRESENTA UNHA PROPOSICIÓN NON DE LEI QUE PODERÍA BENEFICIAR ÓS AFECTADOS POLAS SENTENZAS DE DEMOLICIÓN DE VIVENDAS NA GUARDA

Así o reflexaron na Rolda de Prensa mantida na Guarda o Mércores 16 de Novembro de 2011.

Fecha: 17 de Noviembre de 2011

Fuente: Infomiño.com

A outra nova facilitada nesta rolda de prensa recae sobre o edil socialista José Manuel Domíngue Freitas, quen, depois de haber pagado xa unha multa coercertiva de máis de 1.200€ fai uns meses, a principios deste mes de Novembro recibíu dúas notificacións polas que se lle volve a multar por un importe aproximado de 3.000€, polo que podería ver o seu soldo embargadose non realiza o pagamento antes das datas fixadas.
 
 
O pasado Mércores día 16 de Novembro de 2011, o PSdG-PSOE realizou unha rolda de prensa na Guarda na que interviñeron a deputada Mª José Caride Estévez, o deputado Ismael Rego González e o Alcalde de A Guarda José Manuel Domínguez Freitas, ademáis dunha representación dos afectados polas sentenzas de demolición de vivendas na Guarda.
 
Segundo manifestaron na rolda de prensa o grupo parlamentario PSdG-PSOE presentará, o vindeiro mércores na sesión do pleno no parlamento, unha Proposición non de lei na que se insta á Xunta de Galicia a realizar ou promover as modificacións normativas oportunas para garantir a adopción de medidas cautelares de publicidade, cando a Adminsitración autonómica inicie procesos de restauración da legalidade urbanística que podan deparar prexuízos a terceiros adquirentes de boa fe. Deste xeito se publicitarán no rexistro da propiedade os recursos e demandas interpostas por motivos de legalidade urbanistica e se solicitará a adopción de medidas cautelares de paralización das obras.
 
Ademáis engaden que se debe realizar ou promover as modificacións normativas oportunas para que cando a lesión se produza como consecuencia de actuacións administrativas declaradas ilegais que determinen o derribo das edificacións, deberáse iniciar o procedemento de derribo, de oficio ou a instancia de parte, dende o momento no que se teña coñecemento da resolución xudicial ou administrativa, firme e definitiva, que estableza a obriga de derribo e no prazo máximo de seis meses, estableceráse a responsabilidade e a contía da indemnización aos propietario, na forma que determina a normativasobre responsabilidade patrimonial da Administración, poñéndoa canto antes a disposición do prexudicado.
 
Instase tamén á Xunta de Galicia a que adopte as medidas axeitadas para impedir que, como consecuencia dunha sentenza de demolición da vivenda residencia habitual se produzan situacións de desamparo, procurando, de ser o caso, os medios materiais para o realoxo provisional inmediato e o seu traslado.
 
Na Proposición non de lei engade que se debe empregar a disciplina e a inspección urbanística con criterios uniformes e obxectivos promovendo unha utilización axeitada dos plans e proxectos sectoriais.
 
Por outra banda os afectados presentes na rolda de prensa manifestaron que eles nunca fixeron nada mal, cumpliron coas suas obrigas como ciudadanos e que os erros deben de pagalos os que os cometeron e fixeron mal, engadindo que piden o entendemento entre as forzas políticas presentes no parlamento, para que esta proposición que presentará o PSdG-PSOE o vindeiro Mércores sexa aprobada e que non se repitan casos coma os da Guarda, claman á concordia do parlamento, independentemente do tapíz político.
 
Dende o PSdG-PSOE teñen a vontade de acadar un consenso entre todas as forzas políticas e buscar por todas as vías que se acade unha solución: "sendo o caso que é, que é bastante claro, se debería contar cun consenso no parlamento".
 
 
FOTOGRAFÍAS
VIDEOS

 
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones