Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - O ROSAL ACOLLEU A FEIRA DE SAN GREGORIO 2013

Exposicións, actuacións musicais, artesanía e moita animación en Pías O Rosal

Fecha: 11 de Marzo de 2013

Fuente: Infomiño.com

A Feira de San Gregorio, volveu encher a esplanada da Estrada, no barrio de Pías, en O Rosal. Centos de persoas visitaron esta feira durante a xornada do Sábado 9 e Domingo 10 de Marzo de 2013.

Ás 5 da tarde do sábado día 9 comezaban as actividades programadas para o fin de semana cun espectáculo de cetrería, que debido as inclemencias do tempo realizouse baixo a carpa ubicada no recinto de festas, onde máis de medio centenas de persoas disfrutaron das aves; falcóns, lechuzas, entre outros.

Xa ás 6 da tarde dábase paso á actuación do grupo de animación infantil "Xerpo Cultural", coincidindo coa apertura da cantina con degustacións de Rosca de Roxóns e tapas e viños a prezos populares con músicos que tódolos anos alegran a noite ós alí presentes con cancións que non deixan a naide aburrirse.

Amenizou a mañá do domingo día 10 o grupo "A Boalleira". Ás 12 daba comezo a misa solemne con Sermón e Procesión acompañada polo citado grupo de gaitas. A xente acomodouse unha vez mais na cantina que tivo traballo arreo para servires a tódolos visitantes que por alí pasaron dende pola mañá ata a noite.

Ás 6 da tarde actuaba o grupo de pandereteiras "Ir e Vir"", quenes deixaron paso ó Grupo Folk de Tui "A nosa xente".

Durante os dous días de celebración, os visitantes puideron ver e mercar na multitude de postos de artesanía diferentes obxetos (dende bisutería ata artigos de labranza), así como visitálas exposicións organizadas pola Comisión, que este ano contou cunha exposición de escultura e obra de Praxiteles González, onde se realizou a presentación do seu novo libro "Yo también fuí contrabandista en el Estuario del Miño". Ademais, Jesús Rodríguez Alfonso expuxo unha serie dos seus últimos traballos pictóricos.

Esta era a XVI edición da Rosca de Roxóns, da que unha vez mais miráronse multitude de caixas sair hacia ás casas para servires de postre para esta data especialmente señalada polos veciños deste barrio rosaleiro.

 

FOTOGRAFÍAS

Fotos de Sara Carrera Coímbra

Haz clic en la imagen para acceder a la galería de fotografías

Fotografía 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones