Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Especial - O Rosal acolleu a Feira do Viño

O Rosal acolleu a XXVI edición da Feira do Viño, declarada coma Festa de Interese Turístico de Galicia

O Rosal acolleu a XXVI edición da Feira do Viño, declarada coma Festa de Interese Turístico de Galicia

Fecha: 18 de Julio de 2018

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

A pasada fin de semana O Rosal acolleu a XXVI edición da Feira do Viño do Rosal, un evento que congregou a milleiros de persoas entorno á Praza do Calvario, atraídas pola oferta de viños da Subzona do Rosal da DO Rías Baixas, a boa gastronomía e unha extensa e variada programación que incluíu exposicións, actividades infantís, concertos e amenización musical, así coma probas deportivas, coa 10K Feira do Viño.

A Inauguración levouse a cabo o venres 13 contando coa Conselleira de Medio Rural, e representantes municipais dos Concellos da Comarca do Baixo Miño.

A encargada de facer o pregón este ano foi a actual Vicepresidenta do prestixioso Institute of Masters of Wine, Sarah Jane Evans. Escritora, periodista, experta e apaixoada dos nosos viños e unha das figuras máis relevantes do Reino Unido.

A Praza do Calvario acolleu os stands das 9 adegas participantes, ademáis de varios stands de produtos vexetais, obrador, destilería e do  Consello Regulador da D.O. Rías Baixas. Contouse con 7 restauradores da zona que proveeron de diferentes produtos gastronómicos, e dispúxose dunha carpa de 10 x 25 metros, 100 mesas altas (barriles) e 100 mesas das baixas enchendo a praza.

En canto ambientación musical contouse con tres grupos musicais, un para cada día, así como dous grupos de música tradicional galega, coas actuacións do Grupo La Fábula, do Grupo de música tradicional galega "Grupo de Gaitas Airiños do Folón", do Grupo La Patrulla, do Grupo de música tradicional galega "O Trebón dos Xidos"e do Grupo Terapia de Grupo.

No apartado deportivo tivo lugar a celebración da 5K e 10K, a andaina e carreira que contou cunha alta participación.

Tamén realizáronse Exposicións culturais, así coma unha cata comentada a cargo de Sarah Jane e un Showcooking e un obradoiro de cociña para nenos.

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

O Rosal acolleu a XXVI edición da Feira do Viño, declarada coma Festa de Interese Turístico de Galicia

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí