Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Especial - O Rosal acolleu as Festas do Pilar 2018

Cinco días de festexos encheron de animación a Praza do Calvario do Rosal

Cinco días de festexos encheron de animación a Praza do Calvario do Rosal

Fecha: 27 de Julio de 2018

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

O Rosal acolleu do 21 ao 25 de xullo de 2018 as Festas Patronais na honra da Virxe do Pilar, con actividades programadas na Praza do Calvario para todas as idades que comezaron na xornada do pasado sábado día 21 de xullo co Torneo de Xadréz, o espectáculo de Desastronautas "Máis Alto aínda" e para finalizar esta primeira xornada a Festa da Xuventude, que contou coas actuacións de 6 DJ´s.

Na xornada do domingo 22 de xullocelebrouse a actuación de Roi Casal co seu espectáculo "Son Galego, son Cubano".

O luns 23 de xullo os máis pequenos da casa desfrutaron na Festa da Escuma e outros xogos infantís.

Na xornada do martes 24 celebrouse o II Festival Xente Xida 2018 en femenino, máis de vinte grandes artistas pasaron polo escenario, contando coas actuacións de:

TREMELIQUE: Grupo con compoñentes do Baixo Miño que interpretan pezas de recollida e versións de temas tradicionais galegos e raianos. Participantes en numerosos festivais pola xeografía galega No 2016 estiveron no programa Luar da TVG e hoxe en día están de estrea coa gravación da súa primeira maqueta e dun videoclip.

ÁUREAS: Gañadoras dos premios Martín Códax da música galega no 2017. Áureas é un conxunto que mestura catro nacionalidades imitando a estética dos anos 20 no que ventos, cordas, voces e batería interpretan os ritmos bailables de moda nos comezos do século pasado.

HABELAS HAINAS: Participantes en inumerables concertos e nos máis importantes festivais por toda Galicia. O seu punto de partida é a música tradicional e de raíz, sempre dende unha ollada feminista e plural. Isto lévaas a explorar outras músicas, crear os seus propios temas e experimentar coa tradición. Presentan o seu novo disco "Livres e loucas".

MARAGHOTAS: Participantes de diversos festivais nacionais e internacionais de música folk. Terceiro e cuarto premio en distintos anos no concurso de cuartetos tradicionais de Ponteareas. Gaitas, voz, percusións, clarinete... Non cren en fronteiras, e por iso mesturan ritmos, timbres e texturas ó tempo que parten de melodías de tradición.

MEIGA MARILUCHA: Maria Viso ofrece unha dramatización da tradicional " Queimada " galega co seu estilo propio, espectáculo de tradición e lume interpretado con mistura de humor e terror para rematar coa degustación do máxico brebaxe.

Na derradeira xornada de festexos, o Mñercores 25 de xullo, tiña lugar a Misa Solemne, que estivo cantada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal e posterior concerto da Agrupación Musical do Rosal. Tamén para por o broche final, celebrouse a XXV edición do Encontro dos Pobos.

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

 Cinco días de festexos encheron de animación a Praza do Calvario do Rosal

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí