Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

ESPECIAL - O ROSAL CELEBROU CORRELINGUA 2013 CON MÁIS DE 1500 RAPACES

Participaron diferentes colexios de toda a Comarca

Fecha: 11 de Mayo de 2013

Fuente: Infomiño.com

 
O pasado Venres día 10 de Maio de 2013 tivo lugar no Concello do Rosal a celebración do Correlingua 2013, cunha ampla participación de rapaces que emprenderon unha marcha dende o CEIP Manuel Suárez Marquier do Rosal ata a Praza do Calvario onde se realizaron diversas actividades lúdicas coma un concerto da Banda Xuvenil da Agrupación Musical do Rosal ou actuacións de alumnos.
 
 O actor Pepe Penabade foi o encargado de guiar esta festa na PRaza do Calvario na que se deu lectura o manifesto gañador do Correlingua, escrito polo alumnado do "Os Golgoretos" de 4º de ESO do IES A Pinguela, de Monforte, lectura que correu a cargo do decatleta olímpico e exalumno do Suárez Marquier, David Gómez e pechouse coa actuación musical de Lidia Botana, unha das gañadoras do concurso Cantalingua.

Correlingua é a denominación que adoptaron de maneira común as diversas carreiras en prol do idioma que se convocan no país. É unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar a mocidade e os centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro. As actividades teñen como lugar de celebración 12 comarcas galegas e comezaron o día 2 de maio en Ourense.

O Correlingua está organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, AS-PG, a Confederación Intersindical Galega - Ensino, CIG-Ensino, a Mesa pola Normalización Lingüística, os Concellos de Lugo, Pontevedra, Ourense, Vigo e a Deputación de Lugo. No Baixo Miño contamos coa colaboración do Concello do Rosal e tamén dos Concellos de Tomiño e Salceda de Caselas.

Desenvolvemento do Correlingua:

No Rosal, o alumnado chegou as 11 da mañá para iniciar a carreira desde o CPI Suárez Marquier, percorrendo as rúas até a Praza do Calvario, na que baixo a carpa instalada se puido gozar da festa coa actuación de Pepe Penabade e de Lidia Botana. Ademais houbo concurso de pancartas e actuou a Banda Infantil do Rosal e un grupo de alumnas do IES de Salvaterra.

Centros participantes:

Na actividade contouse coa participación do CEIP de Atios, O Porriño, CEIP As Solanas e CEIP Rodríguez Sinde da Guarda, IES de Salvaterra, CEIP de Rebordáns, CEIP de Randufe, IES San Paio, IES Indalecio Pérez Tizón e CEIP Nº 1 de Tui e CPI Suárez Marquier do Rosal.

FOTOGRAFÍAS
(Fai clic na imaxe para acceder á galería)
 
Fotografía
 
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí