Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

ESPECIAL - O TEMPORAL NICKY OBRIGA A ACTIVAR A ALERTA VERMELLA EN PONTEVEDRA

Na xornada do Venres día 14 de Decembro foron moitas as saídas dos equipos de emerxencias na Provincia

Fecha: 15 de Diciembre de 2012

Fuente: Infomiño.com

O temporal Nicky, primeiro temporal do Outono de 2012 en Galicia, obrigou a declarar a alerta laranxa por fenómenos metereolóxicos adversos na costa, por vento e por gran acumulación de choivas dende a madrugada do Venres 14 de Decembro de 2012, chegando a activarse a alerta vermella por choivas nalgúns puntos da Provincia de Pontevedra.

Nesta xornada foron numerosas as intervencións dos equipos de emerxencias e o Centro de emerxencias do 112 atendeu centos de chamadas, a maioría delas por mor da caída de ramas e árbores, anegamentos e crecidas dos ríos.

No Concello de O Rosal, o Río Carballas desbordouse en fornelos e en As Baladas-Pías, onde tivo que ser rescatado da auga un vehículo nunha pista cercana ó río a primeiras horas da mañá.

No Concello de Tomiño, parte do alumeado e instalacións eléctricas caíron de madrugada sobre algúns vehículos estacionados moi preto da céntrica Praza do Seixo, sen ter que lamentarse feridos. Ademáis rexistrouse un anegamento dun baixo adicado a cerámicas no termo municipal de Figueiró.

No Concello de Tui rexistráronse numerosas balsas de de auga en estradas e anegamentos de baixos en momentos puntuais da xornada.

Na costa, toda a frota pesqueira permaneceu amarrada en porto, por mor da mar moi grosa e mar de fondo do noroeste con ondas de máis 4 metros de altura.

FOTOGRAFÍAS

 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí