Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - OBRA -UNHA HORA NA VIDA DE STEFAN ZWEIG- NO TEATRO MUNICIPAL DE TUI

Celebrouse o pasado Venres día 15 de Outubro de 2011

Fecha: 15 de Octubre de 2011

Fuente: Infomiño.com

O Teatro Municipal de Tui acolleo o pasado venres 15 de Outubro a representación de “Unha hora na vida de Stefan Zweig” da man da compañía Lagarta, Lagarta. Este espectáculo forma parte da programación cultural que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Tui.

 

“Unha hora na vida de Stefan Zwieg” está dirixida por Rosa Álvarez e interpretada por Ernesto Chao, Belén Constenla, César Cambeiro. A obra, escrita por Antonio Tabares, introdúcenos na vida do matrimonio Zweig, nun momento moi especial, manténdonos en vilo sobre o que en realidade aconteceu na vida deste escritor e o que puido ter acontecido.

 

O matrimonio Zweig toma unha gran determinación sobre a súa vida, calculada con meticulosidade, pero no seu fogar presentase un estraño e inoportuno visitante. Esa visita permítenos afondar nos seus posicionamentos ante a vida, a morte, os medos, o amor, o exilio, as guerras, o poder, a liberdade individual, a fuxida permanente dun mundo que horroriza……

 

A compañía Lagarta, Lagarta creouse en 2001 da man de Ernesto Chao e Rosa Álvarez, dous actores de longa traxectoria profesional en Galicia. Esta é unha compañía de actores nada co espírito de facer espectáculos e proxectos que moitos actores agardan e desexan enfrontarse a eles, pero que por diversos motivos non se puideron facer no seu momento. Por este motivo Lagarta, Lagarta non conta cun cadro fixo de profesionais senón que buscan os máis idóneos para cada produción. Os seus últimos espectáculos foron “As últimas lúas”, “Aeroplanos”, “O segredo dos Hofmann” e “Casting” aos que agora se ven de sumar “Unha hora na vida de Stefan Zweig”.

 

FOTOGRAFÍAS

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones