Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - OBRAS NO ENTORNO DA FORTALEZA DE SAN LORENZO-GOIAN

O Sábado 14 de Maio visitamos as obras do entorno da Fortaleza de San Lorenzo en Goián

Fecha: 16 de Mayo de 2011

Fuente: Infomiño.com

No pasado mes de Xaneiro de 2011 iniciáronse as obras de recuperación ambiental e posta en valor do entorno da fortaleza e a praia de Goián. Con este proxecto, financiado integramente con fondos estatais, o Concello de Tomiño pretende destacar e aproveitar os atractivos que esta zona ten desde o punto de vista natural, patrimonial e paisaxístico, creando, para iso, unha única área pública de lecer na que se conecten e comuniquen dous espazos tan importantes para Goián como son o forte de San Lourenzo e a praia fluvial.

O Sábado 14 de Maio visitamos o entorno da Fortaleza de Goián para contemplar o avance das obras e poder ofreceros as imaxes.
O obxectivo desta intervención, que afectará a 14 mil metros cadrados, é a recuperación ambiental da zona, respectando as características principais, ao tempo que establece un espazo de encontro e de comunicación co río Miño e a veciña localidade portuguesa de Vilanova de Cerveira.
A proposta técnica, do arquitecto Pablo Gallego, inclúe a rexeneración e peatonalización de borde litoral do Miño e a ordenación dos usos da praia, limitando os accesos do tráfico, destinando áreas para estacionamento e habilitando unha zona para uso dos pescadores. Ao mesmo tempo será creado un novo acceso á praia desde a fortaleza.
Tamén contempla a ocupación do espazo dunha canteira que hai na zona, cubríndoa cunha serie de plataformas de madeira que dará lugar a unha área pública en sombra e que permitirá ubicar unha cafetería, integrándoa no entorno. Así mesmo, as sucesivas plataformas escalonadas formarán un graderío-miradoiro para desfrutar das vistas ao río.
Este proxecto tamén prevé outro tipo de servizos como un centro de dinamización ou un núcleo de aseos e de socorrismo. O espazo público restante tamén se urbanizará e acondicionará acometendo traballos de reforestación con especies autóctonas.
Segundo a alcaldesa Sandra González, "realmente, é unha satisfacción ver o inicio das obras deste importante proxecto polo que tanto ten traballado o Concello de Tomiño nos dous últimos anos. Esta é a última etapa dun camiño longo que requiriu moitos esforzos e determinación. Teño a certeza de que moi en breve este será un espazo de referencia non so para a xente do noso concello senón tamén para os visitantes que veñan desfrutar deste entorno e desta paisaxe única".
No mes de maio do pasado ano ao tempo que avanzaban o deseño do proxecto e os trámites para poder executalo, foi constituído en Goián o Foro Fortaleza, presidido polo xornalista Manuel Campo Vidal e conformado por representantes de colectivos locais, historiadores, arquitectos, hostaleiros, expertos en turismo, etc. A súa finalidade é a de aportar baixo un prisma multidisciplinar unha serie de ideas e opinións que poidan ser tidas en conta á hora de desenvolver o proxecto, dotalo de contidos e valorar o seu posterior uso.
Durante a presentación do Foro Fortaleza o concelleiro de urbanismo, Uxío Benítez, sinalaba que "este proxecto de mellora ambiental e posta en valor da praia de Goián pretende ser un primeiro pero importante paso dentro dun proceso máis amplo de transformación e aproveitamento de toda a zona próxima á fortaleza e ao río Miño".

 

FOTOGRAFÍAS

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones