Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - OIA ACOLLERÁ A 1ª MARCHA CICLOTURISTA BAIXO MIÑO-VALMIÑOR

O evento foi presentado o pasado Venres na Oficina de Turismo de Oia

Fecha: 08 de Junio de 2013

Fuente: Infomiño.com

FotografíaO pasado venres día 7 de Xuño de 2013 tivo lugar na Oficina de Turismo do Concello de Oia a Presentación da 1ª Marcha cicloturista Baixo Miño-Val Miñor, que terá lugar o vindeiro 28 de Xullo de 2013.

Carlos Alonso Fernández, Presidente de Ciclismo Oiense, foi o encargado de presentar esta iniciativa deportiva, a máis importante organizada polo recentemente creado clube deportivo, que conta co apoio do Concello de Oia, a Deputaciónd e Pontevedra e diversas casas comerciais e establecementos hostaleiros.

A 1ª Marcha cicloturista Baixo Miño-Val Miñor contará coa presenza do ex-ciclista do equipo Xacobeo Galicia Serafín Martínez, rosaleiro que exercerá de padrino desta marcha, a cal calificou de moi fermosa pola beleza paisaxística dos lugares por onde transcorrerá.

FotografíaO acto contou tamén coa presenza do Presidente da Federación Galega de Ciclismo, o Presidente da Federación Portuguesa de Cicliturismo-Delegación de Viana do Castelo, O concelleiro de Deportes do Concello de Oia, o Concelleiro de Deportes do Concello de O Rosal, o Concelleiro de Deportes do Concello de A Guarda, representantes do Ciclismo Oiense, Clube Ciclista do Rosal, Acamo Oia, entre outros.

A marcha está pensada para que calqueira persoa, cun mínimo de preparación física poida disfrutar da mesma, e conta co incentivo dunha inscripción gratuíta para ciclistas federados e de 12€ para non federados, única marcha coñecida polos organizadores con estas características.

O percorrido, duns 115km, transcorrerá polos municipios de Oia, Baiona, Gondomar, Tomiño e A Guarda, e se realizarán varios agrupamentos para favorecer o movemento en grupo dos ciclistas, gozando da convivencia e paisaxe da zona.

FotografíaAínda que o evento se realizará o Domingo 28 de Xullo, dende o Sábado 27 están organizadas varias actividades paralelas para aproveitar a pernoctación no municipio, entre as que destacan unha visita guiada ó Conxunto Cisterciense do Mosteiro de Oia, a cargo de ACAMO Oia, ademáis de eventos gastronómicos.

Tamén durante a xornada da marcha, realizaránse actividades complementarias para as persoas acompañantes que non participen na mesma, coma unha andaina para coñecer o municipio de Oia e contorna, así coma unha comida de confraternación.

Máis información: aquí

FOTOGRAFÍAS

(Fai clic na imaxe para acceder á galería completa)

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones