Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - PAELLADA NA SOCIEDADE RECREATIVA E CULTURAL DE SAN MIGUEL NO ROSAL

Máis de 70 persoas poideron disfrutar desta comida na honra de dous socios ilustres: Casimiro Sousa e Luís Ferreira Padín.

Fecha: 30 de Mayo de 2011

Fuente: Infomiño.com

Este Domingo 29 de Maio, Infomiño acudiu á gran paellada celebrada na Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel, do Concello de O Rosal, programada, para socios e non socios, co galo do acto honorífico ós dous socios que máis tempo estiveron na directiva de dita Sociedade.

Máis de 70 persoas poideron disfrutar desta comida na honra de dous socios ilustres: Casimiro Sousa e Luís Ferreira Padín. O primeiro deles puido recoller él mesmo o agasallo feito pola Sociedade, entregado neste caso polo Alcalde do Concello de O Rosal, Jesús María Fernández Portela.

Luís Ferreira Padín, debido ó seu estado de saúde non poido estar presente na comida, pero sí o fixo a sua sobriña, quen recolleu no seu lugar o agasallo conmemorativo do acto, así como un prato do Concello.

Tanto o actual Presidente, Luis Álvarez, como o Vicepresidente, Jorge Cardoso, así como o Secretario, Víctor Capon (neto dun dos fundadores da Sociedade) lembraron ós presentes a importancia de manter viva á Sociedade, pondo como exemplo ós homenaxeados. As palabras xurdiron efecto, xa que no mesmo acto fixeron unha nova socia, de 91 anos, que tamén acudira á comida.

A Sociedade fundouse no ano 1927, quedando constancia nun libro de actas que este mesmo ano 2011 rematou a sua última folla, polo que a Directiva decidiu facer entrega do mesmo ó Concello, para que deste modo pase ó Patrimonio Histórico de O Rosal, polo cal fíxose un documento entregado polo Alcalde ós membros da Directiva como constancia desta entrega.

Tralos actos institucionais, fixo entrada o Grupo Lirolai, quen amenizou a tarde ós presentes a ritmo de música tradicional galega.

A nota curiosa desta xuntanza a puxo un brasileiro que se atopa nestas terras en busca das suas orixes. Contábanos como o seu avó, no ano 1920, deixaba a sua casa en San Miguel para emigrar a Brasil. Nunca volveu; nin así o fixo o seu pai. Pero él, intrépido, e curioso, conseguiu non só chegar á casa onde se criou o seu avó, senón poder disfrutar dunha comida arropado de parte dos veciños desta parroquia.

 

FOTOGRAFÍAS

 

 

VIDEOS

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones