Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - PECHE POLOS RECORTES NO ENSINO NO IES A SANGRIÑA DE A GUARDA

Un grupo de Pais en Nais pechouse dende as 17:00h da tarde de onte ata as 8:00h da mañá

Fecha: 31 de Mayo de 2012

Fuente: Infomiño.com

Dende as 16:00h da tarde de onte, un grupo de Pais e nais, estudantes e docentes iniciaron no IES A Sangriña de A Guarda un O peche promovido pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.

Marta Dacosta, portavoz da CIG-Ensino no Baixo Miño, sinalou que este peche forma parte dun calendario de mobilizacións co que a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público esixe da Consellaría de Educación que non aplique en Galiza ningún dos recortes que recolle RD Lei 14/2012 e que o recorra por invadir as competencias que en materia educativa ten a Xunta de Galiza. Ademais lembrou que a Plataforma Galega convoca a toda a comunidade educativa a participar na manifestación que se celebrará este domingo 3 de xuño en Compostela, para reclamar que non se produzan máis recortes en educación

Entre as nais, Ana Bermejo, expresou "a preocupación de que os recortes condicionen o futuro académico dos nenos e nenas, pois van prexudicar fundamentalmente ás persoas con menos recursos que verán condicionado o seu futuro académico aos seus recursos económicos, e que isto limite o desenvolvemento das súas capacidades."

Andrea Araújo, alumna do IES da Sangriña, denunciou que "estas medidas van supoñer a masificación das aulas e que isto implica que, por exemplo, o profesor ou profesora non teña tempo suficiente para atender a todas esas dúbidas"

O peche rematou ás oito da mañá de hoxe xoves 31 e terá continuidade cun novo encerro da comunidade educativa, ese mesmo día ás 16:00 horas no IES Alfredo Brañas de Carballo. Os peches finalizarán o 31 de maio en Ourense.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público rexeita os recortes propostos, denuncia que con eles se ataca gravemente o ensino público e a súa calidade, así como o dereito de igualdade de oportunidades do alumnado, que aumentará o fracaso escolar e despedirá máis de 2000 profesores/as. Por todo isto, esixe que o Goberno galego actúe como tal e non se someta a decisións que van en contra do ensino galego, que se negue, rotunda e publicamente, a aplicar calquera das medidas contidas no RD Lei 14/2012 e que presente recurso por invasión de competencias.

Por todos estes motivos chama tamén á manifestación que terá lugar o día 3 de xuño en Compostela, con saída ás 12:00 da Alameda.

FOTOGRAFÍAS

 

 

VIDEOS

 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones