Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - PLENO ORDINARIO DO 30 DE MARZO NA GUARDA

Celebrado o pasado Venres 30 de Marzo de 2012 no Salón de Plenos de A Guarda

Fecha: 02 de Abril de 2012

Fuente: Infomiño.com

O pasado Venres día 30 de Marzo de 2012, tivo lugar no Salón de Plenos de A Guarda a celebración do Pleno Ordinario, no que, tras aprobarse as actas das sesións anteriores, tratáronse máis de 20 mocións, o que provocou que o pleno rematase preto da 1:00h da madrugada.

Neste pleno aprobouse a modificación da Ordenanza Fiscal reguladora do prezo público pola prestación de servizos de ensinanza no Concervatorio Municipal de A Guarda, contando co voto en contra de Converxencia Galega e BNG, abstención do grupo popular e votos a favor do Grupo Municipal Socialista, que segundo explicaron a sostenibiidade deste servizo fai preciso que sexa un servizo deficitario, polo que se optou a que repercuta nos propios usuarios do conservatorio mediante o aumento do custo do mesmo, prezo que, indicaron "non é esaxerado".

No apartado de mocións prosperou a moción presentada RE 436 de Converxencia Galega sobre a petición de información sobre actas á Mancomunidade do Baixo Miño, contando cos votos a favor de Converxencia Galega, BNG e PP, o voto en contra do Grupo Municipal Solialista, e co voto de calidade do alcalde favorable. Deste xeito acordouse trasladar á Mancomunidade do Baixo Miño a petición das actas por parte dos diferentes partidos presentes no pleno para a súa valoración, se procede, por parte deste ente.

Tamén foi aprobada por unanimidade a moción presentada por Converxencia Galega con RE 486 para encargar os informes para o establecemento dunha taxa para caixeiros de entidades bancarias nas rúas públicas, moción que contou cos votos favorables de todolos grupos políticos.

Sobre a moción con RE 571 de Converxencia Galega sobre os Telepeaxes de Portugal, foi retirada pola voceira de CG pola falta de información sobre adhesión á plataforma.

O RE 745 presentado polo BNG sobre a declaración do 24 de Febreiro coma Día de Rosalía de Castro non prosperou contando cos votos a favor de CG, BNG e PP en contra do GMS e o voto de calidade do alcalde en contra.

Sobre a moción presentada polo BNG con RE 746 de Apoio á iniciativa popular para a defensa e promoción da sanidade pública en Galicia, o BNG asegurou que a privatización da sanidade é real, tal e como se pode ver nas protestas que realizan os propios traballadores, mentras que o PP defendeu o carácter público da sanidade e na búsqueda de fórmulas áxiles dos recursos sanitarios ó 100% públicos. Finalmente a moción foi aprobada contando cos votos a favor de CG, BNG e PSOE e cos votos en contra do PP.

Aprobouse a moción presentada polo BNG con RE 867 sobre o 8 de Marzo: día internacional das mulleres cos votos a favor de CG, BNG e PSOE, e cos votos en contra do PP.

Na moción presentada polo BNG con RE 886 sobre o rexeitamento da reforma laboral aprobada polo goberno, o BNG afirmou que "ningunha reforma laboral creou empleo" mantendo unha postura en contra da mesma, esta moción foi aprobada por por CG, BNG e PSOE e non foi respaldada polo PP alegando que a reforma laboral é equilibrada e completa, dirixida a frenar o desempleo a curto prazo.

Sobre a moción presentada por Converxencia Galega con RE 1.194 sobre a posibilidade de instalación dunha pasarela/rampla na zona do Baixo Muro, acordouse deixala enriba da mesa para o estudo por parte do arquitecto municipal dun plano entregado no mesmo pleno pola voceira de CG, para unha posible solución ó problema de movilidade e accesibilidade dos veciños desta zona. Precisamenteo Alcalde de A Guarda permitíu que unha veciña da zona interviñesesobre esta problematica que afecta directamente a un familiar que por razóns de saúde ten que empregar cadeira de rodas.

Na moción presentada polo GMS con RE 1.224 con motivo do 8 de Marzo día internacional das mulleres, foi aprobada contando cos votos favorables de CG, BNG e PSOE e cos votos en contra do PP.

O BNG presentou unha moción con RE 1.437 de aopio á folga xeral do 29 de marzo contra as reformas laborais que foi votada favorablemente por CG, BNG e o PSOE, contando cos votos en contra do PP, polo que foi finalmente aprobada.

Converxencia Galega de A Guarda presentou unha moción con RE 1.442 para a petición de creación dun rexistro na sede da Confederación Hidrográfica Miño-Sil de O Porriño que foi aprobada por unanimidade.

O Partido Popular presentou unha moción con RE 1568 sobre a instauración da posibilidade de notificación electrónica nas relacións Concello-Corporación, segundo explicou o PP estas medidas son vías de aforro nas comunicacións, e foi aprobada por unanimidade.

Temén o Partido Popular presentou unha moción con RE 1569 sobre a promoción e protección da riqueza web do noso municipio, na que pedíu un apoio ás webs que realizan unha labor informativa sobre o Concello de A Guarda, pedíndose ademáis a realización dun rexistro web, un directorio de webs locais na web do concello, así como a unificación da información ós medios de comunicación, valorandose positivamente a publicidade online, coma unha "publicidade económica e rentable"

FOTOGRAFÍAS

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones