Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - PORTOS DE GALICIA INVISTE MÁIS DE 43.000 EUROS EN MELLORAS INFRAESTRUTURAIS PARA O SECTOR PROFESIONAL DA GUARDA

O ente público vén de executar o peche da zona de varada e dos laterais da maquesiña para a clasificación do percebe

Fecha: 20 de Marzo de 2012

Fuente: Infomiño.com / Portos de Galic

Portos de Galicia está a realizar melloras infraestruturais no porto pontevedrés da Guarda por importe de máis de 43.000 euros. O presidente do ente público, José Juan Durán, visitou esta mañá os traballos, orientados a mellorar as condicións de traballo do sector profesional da zona.

Portos vén de rematar o peche da zona de varada, uns traballo solicitados pola confraría e que supoñen a instalación dun perímetro pechado dende o edificio da lonxa ata o espigón. Así mesmo, o ente público deu remate ao peche dos laterais da marquesiña utilizada polos percebeiros para a clasificación do producto.

Igualmente, estanse a tramitar outras dúas actuacións para o sector profesional. Así, instalarase un motor para a apertura da porta corredera do peche do varadero, que mellorará o acceso, tal como solicitou a confraría. Finalmente, instalaranse tamén pantallas de iluminación na marquesiña dos percebeiros. En total o investimento das catro obras é de 43.600 euros.

A estes traballos súmase a recente habilitación dun heliporto de emerxencias diurnas no peirao. Na súa aposta pola seguridade das zonas marítimas e a prestación de servizos auxiliares aos usuarios dos portos galegos e aos cidadáns das vilas marítimas, Portos de Galicia, ten xa operativa a primeira fase dunha rede de heliportos de emerxencias diurnas en puntos estratéxicos da costa. En días pasados entrou en funcionamento o da Guarda.

Estas instalacións conforman unha rede ao longo de toda a costa galega que permite reducir as actuais sombras de cobertura da navegación aérea, producidas pola falta de infraestruturas, a través da creación de bases supletorias para os helicópteros dentro das zonas portuarias. Aproveitando a superficie dos peiraos seleccionados, delimítase unha zona para despegue e aterraxe destes aparatos, que permite reforzar o servizo nas zonas costeiras de relevancia destacada.

A día de hoxe, os peiraos nos que xa están operativos os heliportos son os de Corme, Cedeira, Sada, Laxe, Camariñas, Ribeira, Cabo de Cruz (Boiro), Tragove (Cambados), O Grove e A Guarda. Estas localidades pasan así a ter unha pequena base aérea de emerxencias diurnas que permite a execución de maniobras ou repostaxe a helicópteros que ata agora tiñan limitado o seu funcionamento polo mapa de bases existentes, agora incrementado.

FOTOGRAFÍAS

 

 

VIDEOS

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones