Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - PRESENTACIÓN ACTIVIDADES DE VERÁN 2012 NO CONCELLO DE TOMIÑO E PROGRAMACIÓN INAUGURACIÓN FORTALEZA DE GOIÁN

A rolda de prensa celebrouse na Casa do Concello de Tomiño o pasado Martes 19 de Xuño de 2012

Fecha: 20 de Junio de 2012

Fuente: Infomiño.com

O pasado Martes día 19 de Xuño de 2012 tivo lugar na Casa do Concello de Tomiño unha dobre presentación, por unha banda presentáronse as diferentes actividades de verán 2012 organizadas polo Concello e por outra banda se presentou parte do programa da inauguración das obras de recuperación e posta en valor da Fortaleza de Goián que se levará a cabo o vindeiro Venres día 22 de Xuño de 2012.

Nesta presentación interviu a Alcaldesa do Concello de Tomiño, Sra.  Sandra González, a Concelleira de Deportes, Cristina Martínez, así coma Justo Olea e Lorena Reboredo, representantes de organizacións que organizarán actividades deportivas no entorno da fortaleza de Goián.

O Concello de Tomiño inaugura este venres día 22 de xuño ás 21h00 a obra de "recuperación ambiental do entorno da fortaleza de San Lourenzo e da praia de Goián". O acto inaugural contará coas actuacións da Banda de Música de Goián, co grupo coral de Tomiño incluido o infantil, coas treboadas tomiñesas, e con varios espectáculos máis de grupos tomiñeses e cerveirenses como son Can de Palleiro ou Paula Cobián.


O evento ademáis terá varias sorpresas das cales podemos desvelar tan só un: o estreo da peza "fortaleza" composta polo músico goianés Andrés Álvarez Hernández.


Encher de contido e de lecer este novo espacio será o obxectivo da programación deportiva que contará cun torneo de volei praia este fin de semana, dun campamento de volei praia a vindeira semana para nenos e nenas a partires dos 8 anos e dúas probas, unha de tenis praia e outra de fútbol praia. Ademáis dun campamento infantil para 60 nenos e nenas.


O torneo de volei praia será este fin de semana durante todo o día de 10h00 da mañán á 20h00 da tarde o sábado e o domingo ata ás 18h00 que é a entrega de premios. Esta proba está dentro do campeonato galego no cal participarán parellas de toda España, entre elas, Kike de la Fuente, campeón de Europa coa Selección Española e que ademáis participou xa en dúas olimpiadas.


Para os nenos e nenas que queiran aprender a xogar volei praia, a vindeira semana , do 25 ao 29 de xuño, organízase un campus no que poderán participar cativos a partires de 8 anos.


Para os amantes de tenis praia, celebrase na praia de Goián unha proba puntuable para o campeonato galego do cal sairán as 4 mellores parellas e será o 21 e 22 de xullo. Para poder participar é preciso ser maior de 16 anos e haberá categoría masculina, feminina e mixta.


O fútbol praia tamén ten cabida nesta programación. Celebrarase unha proba lúdica torneo o 18 e 19 de agosto. Solo haberá unha categoría e será para maiores de 16 anos que agardamos que terá moito seguimento dado a tradición do mesmo na zona.


Á maiores destas probas deportivas, os máis pequenos poderán inscribirse no campamento para nenos de entre 7 e 13 anos. Haberá dúas quendas de 30 nenos en cada unha e as datas serán do 2 ao 7 de xullo, unha delas, e a outra, do 9 ao 14 de xullo, sempre en horario de mañán. Iniciación ao piragüismo, saídas en bicicleta, xogos de orientación dentro da fortaleza, volei praia, ténis praia e fútbol praia e taller de chapas serán algunhas das actividades organizadas para este campamento de verán na fortaleza.


A Concelleira de deportes, Cristina Martínez, comentou "a importancia de poñer en valor todo o potencial deste espazo público durante o verán. Tívose en conta os máis pequenos porque tamén eles deben disfrutar deste entorno singular".


A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, adiantou os últimos retoques para o acto inaugural da obra do entorno da fortaleza e da praia. Así, segundo a Alcaldesa "haberá sorpresas e será o público o verdadeiro protagonista da inauguración. O que máis nos gusta deste acto é a implicación de todos os músicos de Tomiño, que no momento no que o propuxemos fixeron do evento algo seu tal e como debe ser".
 

FOTOGRAFÍAS

 

 

VIDEOS

 

 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones