Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

ESPECIAL - PRESENTACIÓN CAMPAÑA DE DINAMIZACIÓN COMERCIAL -MERCA NA RÚA- NO ROSAL

Realizouse o pasado Luns día 26 de Novembro na Praza do Calvario de O Rosal

Fecha: 27 de Noviembre de 2012

Fuente: Infomiño.com / Deputación Pont

O pasado Luns día 26 de Novembro de 2012 tivo lugar na Praza do Calvario do Rosal a presentación da Campaña de Dinamización comercial "Merca na Rúa", que chega neste ano á súa cuarta edición.

Nunha carpa instalada na Praza do Calvario foi presentada esta edición, contando coa participación do Alcalde de O Rosal, Sr. Jesús Mª Fdez. Portela, o dEputado Provincial, Sr. Pablo Baquero, a Concelleira de Cultura, Sra. Charo Tabales, o Presidente de ACOR, Sr. Pepe Martínez Berdiales, a Teniente de Alcalde  Sra. Mari Carmen Alonso, así coma representantes da Deputación de Pontevedra.

As persoas que mercen nos pequenos establecementos comerciais do Rosal ata o 7 de Decembro obterán vales que se deberán entregar na Carpa instalada na Praza do Calvario e o vindeiro día 7 se realizará un sorteo con 2.500€ en premios a modo de vales de compra a consumir nos establecementos comerciais da vila rosaleira.

Este é o cuarto ano que a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia se unen para poñer en marcha "Merca na Rúa", unha campaña de dinamización comercial que desde o ano 2009 leva xa percorridas 20 vilas da provincia de Pontevedra e repartidos 60.000€ en vales de compra entre 520 persoas agraciadas.

Trátase dunha actividade dinamizadora do comercio que trata de actuar como revulsivo e incentivar o consumo no comercio local. Xunto co programa formativo "Vende máis Nadal" e as diferentes accións que se están desenvolvendo nos mercados municipais co programa "Rías Baixas, Territorio Gastronómico", o compromiso da institución provincial e o seu apoio decidido ó binomio turismo - comercio como sectores fundamentais na actividade económica das Rías Baixas

 

A campaña "Merca na Rúa" busca principalmente fomentar as ventas e incentivar o consumo no comercio local. Promocionar o comercio de proximidade, fomentar o asociacionismo, animar as rúas comerciais das vilas e premiar a fidelidade dos clientes do pequeno comercio.

 

Esta iniciativa, enmárcase dentro das actuacións a desenvolver pola Deputación de Pontevedra tralo compromiso acadado coa sinatura dun importante convenio de colaboración coa Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia centrado en traballar en prol do modelo comercial de Galicia, o comercio de proximidade.

 

"Merca na Rúa" estase desenvolvendo en 5 vilas da nosa provincia. Terá unha duración de 2 semanas en cada unha e repartirá 2.450€ en vales de compra para mercar no comercio local de cada unha das 5 localidades.

 

Os obxectivos específicos desta campaña son:

 

-          Animar as rúas comerciais das vilas, dar a coñecer o comercio local e fomentar o asociacionismo entre os comerciantes.

-          Incentivas o consumo no comercio local.

-          Mellorar a imaxe do espazo comercial e dos establecementos que o forman.

-          Potenciar os centros das vilas como lugares de referencia para as compras. Dinamizalos xa que o comercio da vida ás rúas.

 

Para acadar estes obxectivos, levarase a cabo unha importante campaña publicitaria e de difusión das actuacións de "Merca na Rúa" de xeito que teña a máxima participación posible e os participantes sexan os máis posibles.

 

ANTECEDENTES

 

1ª edición. Ano 2009

 

Orzamento 55.000€

Concellos nos que se levou a cabo: O Grove, Ponteareas, Gondomar, Pontecaldelas, A Estrada.

 

2ª edición. Ano 2010

 

Orzamento 125.000€

Concellos nos que se levou a cabo:Forcarei, Cambados, Poio, Redondela, Valga, Porriño, Tui, Silleda, Cangas do Morrazo e Caldas de Reis.

 

3ª edición. Ano 2011

 

Orzamento 60.000€

Concellos nos que se levará a cabo:Cuntis, Ribadumia, Soutomaior, Nigrán e Vilagarcía de Arousa.

 

4ª edición. Ano 2012

 

Orzamento 50.000€

Concellos nos que se levará a cabo: Meaño, Bueu, Illa de Arousa, O Rosal e Sanxenxo.

 

CONCELLO

DURACIÓN DA CAMPAÑA

SORTEO DOS VALES DE COMPRA

MEAÑO

12 ó 24 de novembro

-----------

BUEU

19 de novembro ó 1 de decembro

1 de decembro

O ROSAL

26 de novembro ó 7 de decembro

7 de decembro (20:00h)

ILLA DE AROUSA

26 de novembro ó 7 de decembro

8 de decembro

SANXENXO

3 ó 15 de decembro

15 de decembro

 

 

 

 

 

DINÁMICA DA ACTIVIDADE

 

A dinámica que seguirá a campaña "Merca na Rúa" en cada unha das vilas nas que se desenvolva será a seguinte:

 

-       Entre o luns e o martes da primeira semana, uns promotores repartirán entre os comercios interesados en participar de cada vila: cartelería e folletos publicitarios para informar e publicitar a actividade.

-       Estes promotores actuarán como dinamizadores da campaña "Merca na Rúa" durante as dúas semanas de duración da mesma en cada localidade. Instalarase unha pequena carpa da organización nun lugar céntrico de cada vila a modo de punto de información no que haberá tamén material publicitario da campaña.

-       Os consumidores que queiran participar nos sorteos dos vales de compra deberán presentar aos promotores dinamizadores ou na carpa da organización da campaña "Merca na Rúa", os tickets das compras realizadas nos pequenos comercios da localidade correspondente entre as 10:00h do luns da 1ª semana e as 18:30h do sábado da 2ª semana, e recibirán nese momento a metade dun boleto para participar no sorteo dos vales de compra.

-       Os promotores da campaña "Merca na Rúa" selarán aos consumidores o ticket presentado para que non poida ser reutilizado xa que cada ticket dará dereito a un único boleto de participación.

-       A outra metade do boleto será depositado polo promotor/a ou polo propio consumidor nas urnas habilitadas a tal efecto na carpa da organización.

-       O sorteo dos vales de compra se celebrará en cada localidade o sábado da 2ª semana.

-       O sábado da 2ª semana en cada una das 5 vilas, levarase a cabo o sorteo público dos vales de compra por valor de 2.450€€ (20 vales de 100€ e 3 de 150€) que consistirá na extracción dos boletos depositados ó longo das dúas semanas que durou a campaña nas furnas habilitadas ó efecto.

-       Durante a festa de peche de campaña, desenvolveranse diferentes actividades lúdicas e de entretemento dirixidas ós máis cativos.

 

FOTOGRAFÍAS

 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí