Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - PRESENTACIÓN DA AXENDA CULTURAL CORREDOIRA DO CONCELLO DE TUI PARA O SEGUNDO SEMESTRE DO 2012

Foi presentada antes os medios de comunicación o pasado Xoves día 12 de Xullo de 2012

Fecha: 13 de Julio de 2012

Fuente: Infomiño.com

O Concello de Tui ven de sacar á rúa un novo número da Axenda Cultural Corredoira que recolle a programación cultural, organizada pola Concellería de Cultura de Tui, para o segundo semestre deste ano. Cun total de 15.000 exemplares, a Axenda repartiráse nos fogares do Concello de Tui(5.000 exemplares), na cámara Municipal de Valença do Minho(5.000 exemplares), así coma nos diferentes espectáculos que se realizarán e nas diferentes dependencias municipais.

Son un total de 18 espectáculos os previstos ata finais de ano dos que oito se van celebrar no verán e os dez restantes a partir de outubro no Teatro Municipal.

A presentación desta programación tivo lugar na mañá de onte Xoves día 12 de Xullo na Casa do Concello de Tui contando coa intervención do alcalde, Moisés Rodríguez Pérez e da concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez.

O orzamento desta programación ascende a 56 mil euros, dos que o concello aporta un 60%. Con respecto ao ano pasado a aportación municipal reduciuse nun 19% pasado do 42 mil euros de 2011 aos 34 mil de 2012, segundo explicaba a concelleira Vanesa Rodríguez.

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, manifestaba que segue defendendo que a cultura é investimento rendible, engadindo que nestes tempos hai que ser austeros. Nese senso apuntaba que coa actual situación económica é complicado elaborar unha programación cultural, pese a saneada situación económica de Tui. O mandatario tudense felicitaba á concelleira e ao departamento de Cultura polo seu traballo ao tempo que agradecía a colaboración das distintas institucións e das asociacións tudenses.

Entre as novidades recollidas este ano con respecto ás actividades de pago está que os posuidores do carné da Biblioteca Municipal terán dereito a un desconto similar ao que disfrutan xa os usuarios do carné xove, máis, familia numerosa, estudante, desempregado ou xubilado.

A programación de verán comezará o próximo venres 20 de xullo coa proxección de "Río" na praza de San Fernando. Esta será a primeira das tres películas que haberá este verán, as que se sumarán "Rango" o 3 de agosto, e "Kung Fu Panda 2" o 17 de agosto. Xa o martes 24 deste mes celebrarase a XIII Noite Internacional do Miño, unha cita consolidada organizada pola Escola de Baile e Gaitas San Fins de Rebordáns, que este ano achegará grupos de Indonesia, Perú, Togo, Venezuela e Xapón. A programación de xullo completarase co Festival de Bandas de Música no que o 27 de xullo actuarán a Agrupación Musical da Guarda e a Banda de Música Popular de Tui.

Xa en agosto do 8 ao 12 celebrarse o ciclo Música no Claustro baixo o título de "CreatiVIDAde". Tamén en agosto se celebrará, coincidindo co Descenso Internacional do Miño a segunda edición da Festa do Miño, que será presentada en breve.

En canto a programación de Outono haberá un total de 10 espectáculo dos que catro serán musicais, 5 de teatro e un de maxia. Catro deles estarán dirixidos a público infantil.

A primeira cita será o 5 de outubro co primeiro concerto no Teatro Municipal do artista tudense Samuel Diz. O venres 19 de outubro o grupo Leilía presentará o seu traballo "ConSentimento" que é unha homenaxe ás mulleres que apostaron pola conservación da tradición oral galega. O Centro Dramático Galego volve a Tui para pór en escena o seu espectáculo "O Profesional" do que haberá dúas funcións o venres 26 e o sábado 27 de outubro.

En novembro, o día 9, Teatro do Atlántico achega a comedia "E.R. (Algún día traballaremos xuntas". A seguinte cita será co grupo musical Mamá Cabra e o espectáculo "Ola Ola lá!" o 17 de novembro. Ao día seguinte Producións Teatrais Excéntricas representará "Oeste Solitario". Pecha a programación de novembro La Machina Teatro con "Grillos e Luciérnagas" dirixido aos máis pequenos.

Xa en decembro a compañía Elefante Elegante representará "Nuncabunga" o día 14 , mentres que o 21 haberá un espectáculo de maxia co mago Martín Camiña. E para o pór o punto final a actividade cultural de 2012 o 28 de decembro celebrarase o Concerto de Fin de Ano a cargo da Coral da S.I. Catedral de Tui e da Banda de Música Popular de Tui.

A Corredoira inclúe tamén as exposicións previstas na Sala Municipal, as visitas guiadas na Eurocidade e as Xornadas Europeas da Cultura Xudía e do Patrimonio que se celebrarán en setembro.


Toda estas actividades pódense consultar amais de na Axenda Cultural Corredoira, nos valos que se instalarán xunto á Área Panorámica, e na web www.culturatui.info

 

FOTOGRAFÍAS

 

 

VIDEOS

 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones